Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Normalización

Un total de 115 concellos comprométense a reforzar o carácter galego das festas

Bota a andar a iniciativa 'Mil festas máis para a lingua galega'.

Redacción - 18:20 04/04/2008

Un total de 115 concellos deron a coñecer este venres o seu compromiso por reforzar a idiosincrasia das festas populares, máis de 7.000 en todo o país, asinando a declaración Mil festas máis para a lingua galega.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presidiu o acto que tivo lugar en Redondela, e que contou coa presenza de arredor de 80 representantes dos 62 concellos que puideron acudir.

Os concellos comprométense a usar a toponimia oficial, á corrección do uso gramatical da lingua, á elaboración na mesma dos contratos das bandas musicais, a editar a publicidade en galego, a reservar un mínimo de repertorios musicais para a nosa lingua e a utilizar a simboloxía propia de Galiza, así como fomentar a querenza pola identidade territorial do país.

No acto tamén participaron Xosé González, impulsor da iniciativa e técnico de cultura do Concello de Redondela; Xaime Rei, alcalde do municipio; e Benigno Sánchez, director xeral da CRTVG, que presentou un documental de dez minutos realizado ex profeso para o acto.


4,47/5 (15 votos)

Comentarios (4)

LOIS_DE_SILAN #1 4/Abril/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A sectorización (que día do patrón, que día da patroa, que a mocidade, que a madureza, que a vellez, que os de cor azul, que os de cor verde, que os da parroquia, que os do concello , que os da pesca, que os da siderurxia, que estes, que aqueloutros, que ... ) dos usos do idioma sempre foi e será un erro estratéxico verbo da normalización da lingua galega no seu territorio.

Trabúcanse, daquela, os do concello de Redondela, coma moitos outros, manténdose nesa liña do partillamento nos usos do galego na Galiza: na Galiza na súa lingua propia coma en Castela na súa!; sen prexuízo de usarmos excepcionalmente outras linguas alleas, coma en Castela!

O único que vexo de positivo na nova évos establecer unha porcentaxe mínima de repertorio en galego ou galeguizado como xeito de contrarrestar coa identidade o mercado.

O resto só vos é tentar baleirar o mar cun cesto sen fondo!

"Os concellos comprométense a usar a toponimia oficial, á corrección do uso gramatical da lingua, ..."

Isto évos demencial! Os concellos están XURIDICAMENTE obrigados a cumprir o ordenamento; non vos é cuestión de "comprometerse", é consubstancial á súa existencia e funcionamento! ... será que os outros dous centos concellos se comprometen á incorrección gramatical e a usaren toponimia non oficial? Demencial!

colaza #2 5/Abril/2008 colaza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gustaríame coñecer cales son eses 115 concellos. ¿Podería Vieiros publicar a listaxe ou engadir un link a onde poder achala?

El_pastorrr #3 5/Abril/2008 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso mesmo digo eu... quero saber cales.

Maeloc-do-Rouco #4 8/Abril/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Onde se pode atopar a listagem??

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: