Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mantense a convocatoria de asemblea do 10 de maio

Esquerda Nacionalista-Mocidade cualifica de "ilegal e ilexítimo" o novo liderado de EN

As mocidades do grupo celebran unha xornada de formación este sábado e desmárcanse da "suposta dirección" electa o pasado domingo.

Redacción - 11:32 05/04/2008
Organizan as xornadas "Construíndo nación, transformando a sociedade"

Organizan as xornadas "Construíndo nación, transformando a sociedade"

"Esquerda Nacionalista-Mocidade xa non ten nada que ver nin con Alberte Xullo Rodríguez Feixoo, nin con Xosé Chorén nin con Xoán Rama Trillo ni co resto de compoñentes dunha dirección ilegal e ilexítima", explican desde a formación nun comunicado. O actual voceiro nacional do colectivo, Paulo Carlos López, explica que se desvencellan organicamente da "suposta" dirección electa o domingo pasado e que Esquerda Nacionalista-Mocidade "non renderá ningún tipo de contas políticas".

Ao tempo que manteñen a convocatoria de asemblea nacional de Esquerda Nacionalista para o próximo 10 de maio, aseguran ser "lexítimos propietarios das siglas", malia que non descartan evitar o tirapuxa por elas e optar por unha refundación cara á creación dun "espazo aberto e unificador do socialismo democrático galego, leal e construtivo co BNG". "O 10 de maio decidiremos entre todos e todas o que queremos facer, reformularemos o noso proxecto, faremos un esforzo colexiado, porque coa nosa achega conseguiremos un BNG forte, participado, soberanista, de esquerdas, e con maiores cotas de expansión na sociedade", sosteñen.

Por outro lado, Esquerda Nacionalista-Mocidade organizou para esta fin de semana unhas xornadas de formación en Betanzos, baixo o título "Construíndo nación, transformando a sociedade". Participarán entre outros Xosé Manuel Beiras e Xabier Macías, cun relatorio titulado Altermundo, abaixo á esquerda está o corazón; Xoán Carlos Bascuas, quen falará baixo o título "O nacionalismo e a política de vivenda", e Vítor Meizoso, Xabier López e Abel López Soto, no espazo "Políticas sociais e de benestar nos concellos, facendo nación".


4,52/5 (21 votos)


Comentarios (4)

colaza #1 5/Abril/2008 colaza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Esquerda Nacionalista-Mocidade xa non ten nada que ver nin con Alberte Xullo Rodríguez Feixoo, nin con Xosé Chorén nin con Xoán Rama Trillo ni co resto de compoñentes dunha dirección ilegal e ilexítima", Ben, eu non me meto na vida interna de EN, pero supoño que como membros do BNG que son as persoas de ambos sectores de EN teñen moito que ver uns cos outros. Un pouco de sentidiño no que se di, porque pode semellar que fosen contrincantes políticos.

mceleiro #2 5/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os liderados e os postinhos. Isso é o único que preocupa dentro do BNG. Há este tipo de disputas e guerras internas polos cárregos, mas não polas políticas a fazer. As assambleias são para partir a torta, não para marcar objectivos, programas, e iniciativas.

Sem rumo andam. E todos nos fodemos, porque no entanto está-se a perder oportunidades históricas de sacar a este país da merda e o absurdo.

dumiense #3 6/Abril/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Merda para todos! vos seguide pelexando entre vos, estamos perdendo unha oportunidade histórica de facer un pais forte, de consolidar a nosa identidade como galegos para sempre. Este é un obxetivo común entre todo o nacionalismo, como pode ser que haxa disputas???

Só dicirvos unha cousa para que poñades os pes na terra. O BNG é o grupo minoritario no parlamento galego. EN é minoritario dentro do BNG. E INDA POR RIBA HAI DISPUTAS.

Isto debe ser moi galego, cantas aldeas hai con dous veciños soamente e que non se falan entre eles.

Por favor, polo ben de todos, deixade de facer o parvo

galegoportuguesa #4 6/Abril/2008 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Precisamente porque se quere construir um BNG forte é que hâ umha escissom dentro de EN. Simplesmente, porque um coleitivo que quere trabalhar a prol do nacionalismo e da sociedade galega nom podia conviver com persoeiros que o único que faziam era denostar interna e externamente o labor diário do BNG, e que, efectivamente, ficam ai fazendo-se chamar Esquerda Nacionalista, a ver se numha destas metem mais quartos no peto.
Mas "Ai vén o maio de flores cuberto"...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: