Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADAPTACIÓN DOS CONTADORES

Fenosa di que devolverá "voluntariamente" medio millón de euros a usuarios da tarifa nocturna

A eléctrica asegura que non tiña a obriga de cumprir de xeito retroactivo o Real Decreto que suprime esas taxas.

Redacción - 13:20 03/04/2008

Unión Fenosa anunciou este mércores que xa está a devolver de xeito "voluntario" o medio millón de euros que lles cobrou a 5.000 usuarios polo cambio de tarificación despois da supresión da tarifa nocturna. As cantidades, dunha media de 100 euros por persoa, corresponden a taxas dos dereitos de acceso que un decreto do Ministerio de Industria acaba de suprimir.

Segundo fontes da empresa, o proceso de devolución está "en marcha", aínda que non precisaron en que punto se atopa. A eléctrica asegura que os seus clientes recibirán o diñeiro "nos días sucesivos, se non o recibiron xa", e que o proceso "non se prolongará moito no tempo".

As devolucións débense ao Real Decreto publicado a semana pasada no BOE que exime os consumidores "acollidos á nova tarifa 2.0 de discriminación nocturna" do pagamento dos dereitos de acometida da modificación da potencia. Porén, segundo Fenosa, a norma "non ten carácter retroactivo", polo que non ten a "obriga" de facer as devolucións duns cobros que se produciron nun "proceso regulamentario".

Unión Fenosa xustifica a súa acción "por fidelización de clientes", pois "se os outros non van pagar esas cotas, trátase dunha decisión lóxica que se lles devolvan aos consumidores aos que se lles cobraron".


0/5 (0 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 3/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E quén paga a INSTALACIÓN DE UNS APARELLOS ESPECÍFICOS FIXOS-resistencias entre ladrillos refractarios de grande capacidade- NOS FOGARES que só serven para a Tarifa Nocturna, pois noutro caso, no mercado xa había os aparellos tradicionais -"ELÉCTRICOS" os radiadores directos ou os de aceite-.

As vivendas tiveron que ver furadas as paredes e incluso o chan, con instalación ad hoc, e agora, tras provocar uns gastos en cada unha en torno a 400.000 pts (ano 1998 apróx), agora queda todo obsoleto. Incluíndo a instalación de dous contadores.

As obras eran rendibles -en especial en pisos onde non era posible outro tipo de calefacción FIXA- porque o consumo enerxético nocturno estaba a precio e, sobre todo, porque as eléctricas PRECISABAN USAR (CONSUMIR) A ENERXÍA PRODUCIDA POLA NOITE. Agora poden vendela no extranxeiro e ós SÚBDITOS QUE OS AMOLEN!

ESES SI QUE SON DEREITOS E CONSTITUCIÓN. Para unha minoría privilexiada (os donos das corporacións) ou sexa, CONSTITUCIÓN CON P.

UnDeTantos #2 3/Abril/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

CONÁÁÁ! se devolven medio millón de euros cantos terán roubados!?!?!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: