Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Cun vídeo con destacados deportistas do país

AI Galiza protesta contra a sistemática violación dos dereitos humanos en Beixín

Fan público un seu informe sobre a represión chinesa no Tíbet, e, comezando a conta atrás para as Olimpiadas, soben á rede un documento audiovisual no que falan Óscar Pereiro ou Álvaro Pino.

Redacción - 14:20 02/04/2008

A organización Amnistía Internacional acaba de publicar o seu informe República Popular de China. A conta atrás para os Xogos Olímpicos: a represión de activistas ameaza o legado olímpico, no que tamén lle piden ás autoridades chinesas que poñan "fin de inmediato ás medidas represivas que están aplicando contra os defensores e defensoras dos Dereitos Humanos en Beixín e noutras partes da China, así como contra as persoas que protestan no Tíbet e nas rexións da contorna".

Segundo conta Alberto Estévez, voceiro de AI en Galiza, ao contrario do que se di dende a China "a represión contra os activistas aumentou, non diminuíu por mor dos Xogos". Estévez tamén salienta que o que está realmente a acontecer en Beixín é que as autoridades chinesas están a silenciar e meter no cárcere a activistas dos Dereitos Humanos pacíficos, facendo unha caste de "limpeza" previa ás Olimpiadas: "estas actuacións fan dubidar que as autoridades chinesas se tomen realmente en serio o seu compromiso de mellorar os Dereitos Humanos antes dos Xogos".

"Cos dereitos humanos non se xoga... e ti, a que xogas?"

Para comezar coa súa campaña, a organización galega de AI acaba de elaborar un vídeo no que colaboran coñecidos deportistas galegos de todos os tempos, coma o ciclista Óscar Pereiro; o director deportivo do KGZ, Álvaro Pino; e o xogador do Celta, Roberto Lago. Na gravación os deportistas pregúntanlle ao espectador: "Sabes a que se xoga na China?". Velaquí unha pequena mostra:



Este do Youtube é só o avance o vídeo que se poderá ver enteiro (en galego e castelán) na web da AI Vigo. Nos vindeiros días outros destacados deportistas do país han participar nesta campaña.

No documento enteiro destácase que, segundo conta a Carta Olímpica, "o obxectivo do Olimpismo é poñer o deporte ao servizo do desenvolvemento harmónico do home, coa fin de favorecer o estabelecemento dunha sociedade pacífica e comprometida co mantemento da dignidade humana". Os deportistas participantes no vídeo han levar camisolas alusivas ao escrito nesta Carta, ao tempo que lembran, con datos, que non se está a axudar no desenvolvementos dos dereitos das persoas con estas Olimpiadas, ao contrario do que aseguraron as autoridades chinesas ao se saberen sede deste evento, en 2001.


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)


Comentarios (9)

baltar69 #1 2/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

álvaro pino? non mercara unha vespino?

baltar69 #2 2/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que fermoso pedirlle contas o asiático desde a nosa altura moral, intelectual e tecnolóxica. nos, a monarquía máis obsoleta do planeta a que soio lle falta santificar a maría de las mercedes. está visto que canto máis burro é un máis albarda lle cargan.

ecoe #3 2/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi ben: agora versión galega recén manufacturada -tamén pola mesma vía?- do organismo pro USA/CIA, que xamáis condena o Imperialismo, só cando in extremis non se pode seguir mirando para outro lado!

Para amolar a estes pánfilos:
http://www.rebelion.org/notici...

PedraCorado #4 3/Abril/2008 PedraCorado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Assunto: Muito bom este facto histórico feito pelo Galeguismo.

Sou galego tenho metade da minha vida vivido fora da Galiza. Devido à minha profissão tenho estado na Argentina, Brasil, Alemanha, Inglaterra, Japão e agora estou em Portugal.
Isto dá-me uma visão diferente sobre a situação da Galiza. A maioria dos portugueses e galegos quase desconhecem que são o mesmo povo e que antes da colonização da Galiza pelos castelhanos tivemos um passado comum com sete séculos falando e escrevendo a mesma língua o galego/português.
Para um galego como eu que vive no exterior é humilhante saber que não temos o direito de escrever o nosso idioma na ortografia actual e ainda ver a RAG a fabricar uma outra escrita para nos isolar do mundo dos irmãos da fala. Depois de sofremos tantos séculos de opressão e humilhação cultural e económica com a colonização castelhana o mínimo que os galegos mereciam era recuperar o atraso e deixarem-nos escrever o nosso idioma actualizado na norma ortográfica do galego/português. Temos uma das línguas mais faladas do mundo. Inventar regras ortográficas quando já as temos solidificadas e de extrema utilidade só pode ter o objectivo de destruir a cultura galega e isolar-nos. A escrita deve ser um meio para comunicarmos e não para separar povos com a mesma origem como pretende a RAG. Por isso concordo e apoio o Senhor Galeguismo e reafirmo:
Acabe com as enfermidades do nosso idioma resultantes da colonização castelhana. Escreva puro galego do século XXI com a norma ortográfica do português actual.

Ghaviotero #5 3/Abril/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ecoe:

O texto da ligazón que pos non resiste calquera análise histórico medianamente serio. "El tibet no fue invadido porque el tibet siempre fue china..." ja!

O propio réxime chinés recoñece que reclama China porque unha filla do emperador de China casou co rei do Tibet. As raíñas consorte adoitan ser iso, raíñas consorte. É coma se Grecia reclamase España porque Sofía casou con Juan Carlos.

Dame medo a xustificación dalgúns do réxime fascista chnés, porque claro, se a represión a exerce un país de esquerdas (supostamente) está moi ben, e os que se opoñen son uns feixistas, non si?

Xa que logo, para vos que os polacos resistisen á URSS cando esta invadiu Poloña é de feixistas.


baltar69:

Prefiro mil veces a monarquía obsoleta actual que un réxime á chinesa. Aquí é certo que non hai total liberdade, pero é que na China non hai ningunha, comezando con que nin tan sequera podes ter tódolos fillos que queiras.

Dias #6 4/Abril/2008 Dias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bexing?! Que caralho é isso? Que eu saiba sempre se dixo Pequin... Moito gostais de inventar palabras novas!

Dias #7 4/Abril/2008 Dias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Beixín... queria eu dizer.

Barcelos #8 4/Abril/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://gl.wikipedia.org/wiki/B...

Galeguizar diría eu.

Dias #9 4/Abril/2008 Dias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois, como já vi a ser galeguizado tudo o que seja o J castelhano. No outro dia vi na Galega um indivíduo a dizer "semexanzas", trocando literalmente o J por X...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: