Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Enquisa no Irish Examiner

Un terzo dos irlandeses cree que as vítimas de agresións sexuais son culpábeis

Preocupantes estatísticas sobre a actitude da sociedade irlandesa no que se refire a crimes de carácter sexual cometidos contra mulleres.

María Golpe - 10:00 30/03/2008
Tags:

Un de cada tres irlandeses considera que as mulleres vítimas de violacións son parcialmente ou totalmente culpables da agresión por ter levado ‘roupa provocativa’, segundo unha nova enquisa publicada polo diario Irish Examiner.

O estudo revela estatísticas preocupantes en canto a actitude da sociedade irlandesa no que se refire a crimes de carácter sexual cometidos contra mulleres.

-38% dos enquisados cren que as mulleres son parcialmente culpables, se camiñan por zonas desertas pola noite elas soas.

-37% cren que a muller e en parte responsable da agresión se flirtea con homes de maneira frecuente.

-30% consideran que a vítima e parcialmente responsable se flirtea con homes de cando en vez e se non ‘sabe dicir non claramente’.

-10% dos enquisados tamén considera que as mulleres vítima de agresións sexuais son en parte responsables se tivo un numero determinado de encontros sexuais no pasado.

Independentemente do seu xénero, os participantes do estudo, son mais propensos a culpar a muller se son maiores de 65 anos ou menores de 25.

Respondendo aos resultados da enquisa, Ellen O’Malley Dunlop, do Dublín Rape Crisis Centre (DRCC) declarou que os datos publicados mostran porque as vítimas de violacións son remisas a denunciar agresións e dixo que menos do 10% dos casos de violación que se levan diante os tribunais na República de Irlanda, resultan co agresor declarado culpable – o numero mais baixo de toda Europa segundo a organización de apoio a mulleres vítimas de agresións sexuais Rape Crisis Network Ireland (RCNI).

“Pola súa natureza mesma, unha violación significa que non hai unha acción consentida, polo que o agresor e totalmente responsable. Só porque unha muller esta nunha situación na que pode ser máis vulnerable, non significa que ten a culpa de ter sido agredida” dixo O’Malley.

Diversas organizacións, entre elas Amnistía Internacional e a propia RCNI, chaman o goberno a tomar responsabilidade pola educación sexual dos rapaces nas escolas, para lograr un cambio nas actitudes sociais en casos de crimes de carácter sexual.


5/5 (1 votos)


Comentarios (1)

xelmirez #1 30/Marzo/2008 xelmirez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema está en que é un crime sen testigos. Tan sinxelo. Igual ca un choque na estrada entre dous coches levados por condutores non acompañados.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: