Fala de "derrota" do seu partido na provincia e atribúella ao "efecto Zapatero" que na súa opinión "chegou, aínda que con atraso" a Ourense.
A erosión do poder case inamobíbel do que o PP parecía gozar na provincia de Ourense acendeu a alarma nos cuarteis populares. O presidente provincial do PPdeG, Xosé Luís Baltar, non dubidou en cualificar o acontecido de "derrota sen paliativos", ao considerar que malia seren a forza máis votada na circunscrición, resultaría un fracaso perder os tres deputados que conseguiran hai catro anos.
Baltar recoñeceu especialmente a súa sorpresa pola viraxe no voto na propia cidade das Burgas, onde o PP deixa de ser a forza máis votada en beneficio do PSOE. Así e todo, chamou a esperar ao voto emigrante, que na súa opinión pode modificar os resultados, aínda que admitiu que esa modificación en ningún caso parece ir valerlles aos populares a volta do escano perdido.
O barón provincial do PP recoñece "preocupante" para o seu partido a tendencia que indican as urnas. "O que baixaron outros antes, veunos chegando agora a nós", analizou en referencia á resistencia que parecía manter o PP ourensán fronte aos acusados descensos que sufría noutras zonas.
Y luego dicen que los dirigentes políticos no admiten las derrotas...
Cando se recurre o voto emigrante, dicen no meu pobo ¡malo como o carallo!
A derrota e tan evidente que negala sería de parvos
Máis ca voto emigrante, en moitos casos cómpre falar de voto de DESCENDENTES de emigrantes.