Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Económica e xeograficamente

Vigo reclama a capitalidade da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal

Abel Caballero destaca a particularidade da cidade olívica como a máis populosa, dinámica e cosmopolita do noso país.

Redacción - 19:07 19/02/2008

O alcalde de Vigo reclamou a capitalidade económica, xeográfica e administrativa da cidade dentro da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Abel Caballero destacou dos seus logros económicos na que se concentra o 60 por cento da inversión privada de I+D+i de toda Galiza e asegurou que o tecido empresarial vigués “dinamiza a eurorrexión transfronteiriza da zona”.

Caballero non esqueceu dicir que Vigo é a cidade “máis populosa, dinámica e cosmopolita” de Galiza, cunha economía “real e tanxíbel nesta época de sobresaltos nos mercados financeiros e burbullas inmobiliarias”, debido ao peso específico da industria que representa o 19 por cento da economía do noso país.

Con esta demanda, o alcalde vigués reclama unha maior implicación política para que a súa cidade “ocupe o lugar que lle corresponde” e seguir impulsando as sinerxías entre Galiza e Portugal de xeito que se constrúa unha unidade territorial. O papel de Vigo é “central para convertela na eurorrexión máis notábel da Unión Europea” afirmou.

Sete millóns de persoas

A cidade olívica xa acolle a sede territorial da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza, e coa capitalidade da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal converteríase no centro neurálxico dun terriotrio de case sete millóns de persoas.


4/5 (4 votos)


Comentarios (10)

Gaviotero #1 19/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El tirano y autoritario Abel Caballero no pinta nada ni siquiera en Vigo, como para que le hagan caso en Santiago, donde Vigo no ha pintado nunca absolutamente nada. No es de extrañar que al final los vigueses prefieran "depender" de Madrid, donde se le tenía bastante más en cuenta...

Chardella #2 19/Febreiro/2008 Chardella
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso da relación económica entre Galiza e Portugal xa está ocurrindo pero que tal se nos deixamos de simple mercantilismo e creamos realmente unha verdadeira relación económica, política, social e cultural? Déase en Vigo información sobre o potencial económico de Porto e Lisboa. Fáganse intercambios desde os institutos de toda Galicia con Portugal, emisións de radio e televisión en portugués. Os nosos executivos terán que ser conscientes das diferenzas entre o galego e o portugués estándar agora que Brasil vai ser unha potencia petroleira. Os galegos temos que abrir horizontes e podemos facelo desde as nosas raíces valéndonos da ferramenta que nos une a todos: o galego que nos vale para entendernos con millóns de persoas en todo o mundo. Será o alcalde de Vigo consciente de todo isto?

Atlantico #3 19/Febreiro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De ser "periferia" pasamos a ser centro, é todo por virar as nosas relacións cara o Norte Portugues e deixarnos dos prepotentes madrileños.

Maeloc-do-Rouco #4 20/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As vezes um semelha enxergar no Sr Caballero (prefeito de Vigo) umha certa actitude provinciana, "populacheira", autoritaria e localista totalmente fora de onda...O importante nom som as capitais senom os projectos e as sinergias....A "capitalidade" e um conceito que se ira re-definindo nos vindouros anos...

Tino #5 20/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O actual rexedor de Vigo non goza de ningunha capacidade de exixencia, despois de tan sisudas análises nas q di q a área metropolitana de Vigo non deve incluir a de Pontevedra, cando os estudos externos ao Concello así o demonstran.
Caballero mais pouco cavaleiro!

felipin #6 20/Febreiro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non hai mellor maneira de dar cabo dun proxecto emerxente que poñerse a pelexar por ver quen vai mandar nel.
A estos políticos do PSOE parece que os tiveran feito a todos en Madrid. ¿Ou e que hai orde de comportarse como un burro de noria cando tes unha alcaldía? Vigo capital, vigo área metropolitana sen Pontevedra, Vigo capital da eurorrexión ... ¿e que non hai capacidade de ver un pouco máis lonxe que Puxeiros?

GalizaEmGalego #7 20/Febreiro/2008 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

HOXE AS 19:30 DIANTE DO TEATRO CAIXANOVA EN VIGO CONCENTRACIÓN CONTRA OS FASCISTAS DE GALICIA BILINGÜE !!

raposo #8 20/Febreiro/2008 raposo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aupa ahí! Parace ser que o "Caballero" o igual que alguns vigheses
ten un reskemor histórico con o tema da Capitalidade. Eu
os proponho pra que sexan a capital do neocosmoliberalismo, penso que vailhe o pelo a eses Vigheses que levan tantos anos "queimados" por ter que ser Pontevedreses e quedarse únicamente co título de povo mais grande da provincinha. Bom, penso que hai que procurar solucions a problemas comuns e deixarse de localismos estúpidos e protagonismos.

Maeloc-do-Rouco #9 21/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non alimentedes aos trolls¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Galego-na-diaspora #10 23/Febreiro/2008 Galego-na-diaspora
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

***Aquí o único "tirano y autoritario", a mais de "no pintar nada", es ti, amigo "Gaviotero"...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: