Un lector, Anxo Anta, fainos chegar un artigo sobre as dificultades para galeguizar o nome na Administración.
Artigo íntegro de Anxo Anta
Anxo na terra coma... ¿na Xunta?
A galeguización do nome é toda unha aventura con situacións rocambolescas e inesperadas e actores de renome, todos eles ingredientes dun taquillazo comercial. Pois para que despois digan que dende aquí non facemos cine rentable, co inspirada que se atopa a administración galega neste senso. Servidor é home de ideas, pero ante todo é cidadán que posúe uns dereitos, e un día exercendo eses dereitos normalizou o seu nome polo que tería que ser se nacese nun momento no que non estaba de moda pór nomes ingleses senón casteláns.
O dereito de poñer o nome en galego non implica só facer un asento marxinal na folla do rexistro civil senón tamén o dereito para rectificar ese dato persoal nas diferentes bases de datos así coma o de trocar este en toda a documentación persoal. É entón cando comeza unha longa peregrinaxe de presentación de escritos a diferentes entidades (públicas e privadas) para que en todo papel ou tarxeta onde antes puña Ángel, agora poña Anxo. E, sendo que o nome actual en galego pasa a ser o nome do interesado para todos os efectos, convertése tamén nunha obriga, coma o caso do DI. Ata aquí todo rodado porque tanto o paso do rexistro civil coma o da expedición do novo DI en casos de galeguización do nome está perfectamente regulamentado.
A situación certamente curiosa atopámola aquí na Xunta. Por unha banda a EGAP ou a Secretaría Xeral de Política Lingüística que che expiden sen problemas duplicados de titulos formativos coa súa correspondente dilixencia por cambio de nome. Pola outra, a Dirección Xeral de Función Pública que se nega a expedirche un novo título de funcionario co nome en galego sen base regulamentaria algunha. O seu único argumento é que “o título expídese no momento de nomeamento e toma de posesión como funcionario”. Vamos, que só se pode emitir unha vez. E eu pregúntome: ¿con base en que regulamento?
Podo ver cómo se esvae no ar o artigo 6 de lei 3/1983, de normalización lingüística, onde di que “a Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego” porque a galeguización do nome é tamén unha forma máis de normalizar o seu uso. Fanse necesarias disposicións dentro da propia adminsitración para evitar a arbitrariedade nas súas actuacións, impedindo que a materialización dos nosos dereitos lingüísticos quede en mans da vontade ou galeguismo do compañeiro ou cargo de vez. Polo tanto, tendo en conta a súa responsabilidade, unha Xunta de Galicia comprometida co galego non pode permitir que os seus órganos actúen cada un á súa maneira, e debe regulamentar estes casos seguindo a xurisprudencia marcada xa por Calaluña e Euskadi a favor do interesado.
No meu caso solicitei actualizar o nome galeguizado no meu título universitario na Universidade de Vigo.
Dixéronme que tiña que pagar íntegras as taxas de expedición do título e volver a esperar até que chegara o novo (o primeiro tardou 8 anos).
Cando protestei dixéronme: "Os cambiais el nombre alegremente y luego teneis estos problemas!"
Esse nome em galego é Ângelo (e Ângela). Um anjo é um ser fantástico, que os cristãos dizem ser mensageiro do seu deus. Em espanhol, ambas as palavras confluem em «ángel». Utilizar «Anjo» ou «Anxo» polo galego Ângelo nom deixa de ser um espanholismo, traduçom desta língua.
Em galego temos Ângelos e Ângelas (pessoas), face a anjos (seres fantásticos, alguns deles alados).
Bom, e depois está o Arcanjo Quintana, ;).
Pois o meu problema é de outro estilo, xa que non me deixan nin escribir correctamente o meu apelido, "Lorenzo", en galego. O meu nome está ben escrito en galego, pero o apelido, que pretendín normalizar co nacemento do meu fillo, foime totalmente imposibel. A señora encargada do rexistro de vigo (autocualificada maxistrado-xuiz), dime que non se pode escribir correctamente en galego pois é un apelido "castellano",e non aduce máis motivación. Presento un recurso diante da Dirección General del Registro y Notariado, xuntando ademais un informe do ILG acreditando a ascendencia galega do citado apelido, e unha declaración persoal de que, por liña paterna, non teño ascedentes castellanos coñecidos, e deneganme o recurso dicindo que o apelido "Lorenzo", pertenece al "acervo nacional". Polo tanto o meu fillo vai ter que seguir sendo, igual que o seu pai, un Lourenzo (ou Lourenço), mal escrito.
Cousas do reino bourbónico... QUEM DOMINA, DENOMINA!!! Mando, portanto tens de te chamar Kunta Kinte!... Ou será Xunta?
Quicol, o mesmo problema que tens tu há tempo que lho li a um Rivera/Ribeira. Infelizmente trata-se de casos praticamente impossíveis de vencer. A única possibilidade que tens, acho, é realizares uma peregrinagem polo nosso país a ver se topas com algum funcionário ao que lhe caias bem e cho aceite sem problemas.
Pois poderia-se fazer na net uma lista de esses lugares (registos, juízes de paz, ) onde se sabe que aceitam sem problemas a naturalização dos apelidos galegos.
Por que xa non se usa Ánxel?
A min sóame mellor Anxel que Anxo.
Aí están: Anxel Fole, Anxel Casal... ¿Anxel Quintana?
Anxo!, entendo que unha cousa é modificar/alterar unha toma de posesión como empregado público (documento que reflecte amais da data da toma de posesión o teu nome oficial nese momento), e outra ben distinta non recibir no teu expediente persoal o teu nome oficial actual como substituto do anterior a todos os efectos.
O certificado do rexistro civil coa correspondente nota á marxe co cambio efectuado no teu nome (a fotocopia cotexada polo funcionario habilitado ó efecto abonda!, e conservas o certificado para outras acreditacións do cambio do teu nome) e a fotocopia do DNI co nome actual incorporados ó teu expediente persoal deben ser suficientes para que se teña en conta o teu nome actual, sen necesidade de efectuar unha modificación (probábel logotipo distinto, modelo distinto, autorizantes distintos, ...) na documentació da túa toma de posesión.
A ese certificado e fotocopia pódesechelle engadir unha dilixencia de recepción e constancia da data de comunicación do teu nome actual para poderes esixir responsabilidades a quen a partir dese momento pretenda ignoralo; mais, non che penso que sexa nin esixíbel nin necesario nin oportuno retrotraer o teu nome actual ó momento da túa toma de posesión para que o cambio do teu nome teña plenos efectos no teu expediente persoal.
¡¡¡Jajajaja!!! Lo de llamar DI al DNI es la caña...A ver, Angelito, si quieres que te llamen Anxo, o Ancho...tú deberás aprender a llamar igualmente a las cosas por su nombre. El DI que tú dices (Documento de Identidad para no tener que poner lo de "Nacional") es el DNI: Documento Nacional de Identidad.
Si quieres que te respeten el nombre, respeta tú también los nombres...
Coido ke pasamos polos mesmos problemas,as do rexistro portaronse bastante ben que mo fixeron case ao momento, aínda que en certos documentos como o libro de familia so venha nun pekeno anexo a modificación e tanto na tarxeta sanitaria como no DI e outros documentos non tiven moito follón, pero no instituto foron necesarios dous anos de continuas queixas para que nas listas aparecera Anxo.
Algunha funcionaria ou persoa informada pode clarexarme unha dúbida? Hai anos fun normaliza-lo meu nome aos xulgados de Coia e batín cunha funcionaria pouco cooperante que me fixo desistir,dicíndome que precisaba unha declaración escrita asinada por tres (ou catro,xa non lembro)familiares facendo constar que eu era recoñecido polo dito nome.Daquela,aínda que me estranou moito todo aquilo,desistín,xa que era eu aínda un rapaz con pouca gaña de andar en leas administrativas.Alguén sabe se aquela señora estaba a me encalatrar,ou falaba verdade? E agora,como é o procedemento para galeguiza-lo meu nome? Outra dúbida:teño algúns documentos,como certificados de asistencia a cursos,nos que figura o nome que dou ao me inscribir,o galego,que non se corresponde co legal,o español.Isto convirte estes documentos en non válidos a efectos legais? E ao se galeguiza-lo nome,ten un que modificalo en tódolos documentos académicos e demais? Desculpen as lectoras por convertir isto nunha xanela de información e grazas se alguén mo pode explicar.