Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICA AO BNG

Touriño critica o modelo de "autonomía recentralizadora" que di ver en Vicepresidencia

O presidente de Xunta ponse do lado de Orozco nas súas críticas ás medidas anunciadas por Quintana.

Redacción - 16:45 17/02/2008
Tags: EP

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, alertou hoxe de que hai que "ter coidado e non imitar" a "tendencia" que "pode haber" de querer construír unha autonomía que "absorba e recentralice" competencias municipais. "Este non é o deseño de pacto de goberno", advertiu Touriño aos seus socios nacionalistas logo das críticas de municipios a iniciativas lexislativas das consellerías de Vivenda e Vicepresidencia por "atentar contra a autonomía local".

"Respecto profundamente a autonomía local e municipal de toda Galicia", garantiu Touriño nunha entrevista en Radio Nacional, despois de que a Fegamp alertase que esta se ve "ameazada" por iniciativas do BNG desde a Consellería de Vivenda ou a futura Lei de Servizos Sociais.

Touriño asegurou "entender" que os concellos "levanten a voz reclamando o seu papel" cando "cren que non son escoitados". No entanto, insistiu en que poden ter "a convicción e seguridade" en que, do mesmo xeito que Lei de medidas urxentes en materia de vivenda e só, a de Servizos Socias vai ser "concertada e dialogada con eles" e recolleranse as súas "mellores achegas".


1,3/5 (10 votos)


Comentarios (5)

Sabrexo #1 17/Febreiro/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fai moi ben o BNG, desde as súas áreas de goberno, en caer na tendencia recentralizadora de pór freo á figura do alcalde-promotor que toleran PP e PSOE, por exemplo.

outrolector #2 17/Febreiro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Idem, de por freo ás figuras do alcalde-financiador [subliminal ou non, en especie ou non] de campañas electorais, e do alcalde-clientelista-premiador-conpuntosdeluz-ousimilares.

COUTOVEN #3 18/Febreiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Centralizar é unha palabra interesante. E para o político que a propón é sinónimo de “CONTROL ABSOLUTO”.

Se algo demostraron os procesos descentralizadores é que levan os servizos ás comunidades e a solución aos problemas búscanse nas mesmas comunidades.

Cando un “goberno centraliza” o que persegue é pura e simplemente o tráfico de influencias. O someter ás comunidades ao penoso espectáculo de trasladarse ante os altas xerarcas dun goberno para obter solución ao máis mínimo problema. É dicir. Crear a figura de PAPA GOBERNO, quen tolo o do dá, quen ten a última palabra. Se falta unha inyectadora ou gasa no máis apartado consultorio dunha comunidade hai que sucumbir ante a incompetencia burocrática xa que non existe poder de decisión nos núcleos poboacionais. E se algún funcionario demostra un chisco de pensamento autonómico, automaticamente é desprazado do seu cargo xa que se extralimita nas súas funcións.

Este non é un simple un comentario, é o tránsito polo cal pasaron moitos países e demostrou que a descentralización dos servizos públicos permite un mellor control dos mesmo e máis eficiencia de face ao público. Hai países como Venezuela onde o sistema sanitario era un fracaso rotundo, con investimentos millonarios de diñeiro que se mandaban desde Caracas e que polo camiño perdíanse en forma de burocracia e incompetencia. Fai algo máis de 20 anos permitiuse que os alcaldes e gobernadores fosen elixidos polo pobo e non polo goberno central. Con isto iniciaron tamén un proceso de transferencias en materia sanitaria e de servizos. O cal redundo nunha mellora. Non sen deixar de recoñecer que algúns vicios persistían. Pero afortunadamente como os niveis de control estaban máis preto da comunidade iso permitía solucións reais.

Cando un político quere ter control de todos os servizos. Non é para melloralos, a súa única finalidade é utilizar os mesmos para ter poder politico. Control ao pór os xefes, control político dos subordinados obrigándoos a utilizar pezas de roupa alusivas a un pensamento político ou emitindo declaracións mediatizadas. Amedrentar á disidencia con ameazas de despedimento ou crear un ambiente de intolerancia onde no canto de cidadáns o que hai é, partidario e opositor, escuálido e bolivariano. Fomentar as divisións no pobo, para que este perda a súa cohesión e non se dea conta que o tirano do momento aplica o “divide e vencerás” non a un inimigo foráneo senón ao seu propio pobo.

Un bo político nunca utilizase a centralización como forma de facer política. De ser así estamos en presenza dun aspirante a ditador. Como está ocorrendo en Venezuela, onde logo de 9 anos de goberno cos maiores ingresos petroleiros da historia. O sistema sanitario esta por o chan, os empregados públicos ten máis de 6 anos sen contratos colectivos, non se conseguen alimentos nos automarcados. Afortunadamente existe USA, o Imperio ou como se chame para achacarlle as culpas do profano e o divino. Mentres a incompetencia fai que os servizos públicos non sirvan de nada. Xa que para traballar nos mesmos non se che pide que sexas competente. O importante é que esteas comprometido co proceso e que non aparezas na Lista Tascon como opositor.

Tino #4 18/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Touriño, xa e esqueceches da Lei dos 500 metros: hai lei máis recentralizadora e absolutista q esta? A parte q poidamos estar de acordo con ela ou non.

sozinho #5 24/Marzo/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É un problema complexo, pero está claro que dende vicepresidencia do benestar e da igualdade non teñen competencias para frea-la corrución urbanística, algo que si xustifica a centralización inda que teña os perigos que di Coutovén. E a pesar de que desconfío do clientelismo potencial que ten dependencia, as galescolas... non é nada comparable ao caciquismo local e directo que fai aos municipais de aldea completamente inútiles, crea os administrativos do concello que o imaxinario popular recrea coma o funcionario do café, etc. etc. Iso fai necesario un sistema centralizado de selección de persoal, iso si, mellor que o de Quin e cun completo sistema de concurso-oposición que valore con transparencia un exame unificado e méritos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: