Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Citación do parlamento de Euskadi

Fraga insiste en que estaba de viaxe durante os sucesos do 76 en Gasteiz

Afirma que á súa volta contribuíu a "canalizar a situación". Achegamos dous vídeos coa gravación das conversas da Policía durante os incidentes.

Redacción - 13:30 14/02/2008

Primeira parte:



Segunda parte:



O senador do Partido Popular e ex presidente do Goberno, Manuel Fraga Iribarne, recordou esta cuarta feira que estaba de viaxe en Alemaña o día 3 de marzo de 1976 cando a Policía reprimiu brutalmente unha asemblea de traballadores en Gasteiz, co resultado de cinco mortos e multitude de feridos.

Ben ao contrario, Fraga -que ocupaba o cargo de ministro da Gobernación- afirmou que á súa volta contribuíu a "canalizar a situación". Por outra banda, non precisou se vai acudir ao parlamento vasco para informar sobre este suceso, tal e como lle reclamou a Comisión Especial desta Cámara encargada de investigar os sucesos, que tamén solicitou a presenza do daquelas ministro de Relacións Sindicais, Rodolfo Martín Villa.

Neste senso, Fraga precisou que no momento exacto dos feitos o Ministerio de Gobernación estaba a cargo de Adolfo Suárez "por Real Decreto" ao se atopar de viaxe. "Nos días sucesivos tomáronse outras medidas como a destitución do gobernador e non se produciron máis incidentes", subliñou o popular tras coñecer a petición do parlamento vasco.


3,6/5 (5 votos)

Comentarios (8)

Gaviotero #1 14/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo que hacen algunos, los miserables proetarras que calientan el culo en el Parlamento Vasco, con tal de no ir tras los etarras...se ponen a investigar el año 76. Parecen "Cuéntame". ¡Banda de miserables!

roebek #2 14/Febreiro/2008 roebek
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia con Don Manuel... os desastres sempre o pillan a contrapé... se non é de caza é viaxando. Menormal que leva o Estado (e a Ejpannia) na cabeza, ou que sería de nós.

chegaliza #3 14/Febreiro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

fraga é o último gobernente fascista de europa. ocupando na actualidade un cargo público, non só non renucia ao seu pasado como ministro de franco, defendendo a pinochet, coas súas críticas ao proceso contra o gal, ou cando propón en 1986 unha nova marcha sobre gasteiz, ou lanzando ironias reaccionarias contra a revindicación feminina, fraga non fai senón comprometer a institución que preside

BonKarallan #4 14/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Exactamente no mesmo Parador que cando foi o do Prestige.

Por algo era o ministro de Turismo con Franco, para que cando houbese un problema, el estivese de viaxe.

BonKarallan #5 14/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bótalle a culpa ao que ten Alzheimer. Miúda memoria de elefante ten. E eu, que nin me lembro do que ceei onte.

Tino #6 15/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por estar de viaxe non deixa de ter responsabilidades, pois se deixa alguén a cargo será cunhas determinadas ordes de actuación (se non as daba el mesmo ainda q se excuse co de estar fóra).
CAÑA CONTRA ESPAÑA!

Gaviotero #7 15/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

chegaliza, fascistas sois los mismos que berrean a menudo dicho grito al tiempo que prentendéis agredir, insultar, pisotear y si pudiérais, matar a los que no piensan como vosotros. Pues os van a dar por ahí...

Aquí los fascistas, los nazis, con Z de Zapatero, son los que se niegan a condenar el nazismo en el Parlamento gallego o los que van a abrazarse con dictadores bananeros en Cuba.

BonKarallan #8 15/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vieiros: Aquí hai un tolo que se equivocou de canle e confunde estes foros cos debates electorais entre Rajoy e Zapatero.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: