Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PECULAR PROTESTA NAS ESTRADAS

O autobús de 'Galicia Bilingüe' atopa o primeiro 'stop' en Gondomar

O colectivo que promove unha campaña contra a normalización do galego no ensino acusa ao rexedor de impedirlles aparcar nunha praza pública.

Redacción - 19:40 03/02/2008

Tres días despois de que o colectivo 'Galicia Bilingüe' comezase a percorrer o país en autobús para mostrar a súa oposición ao decreto de galeguización do ensino xa comezaron os primeiros problemas. A asociación acusa ao alcalde de Gondomar, Antón Araúxo Quintás, de denegarlle un permiso para aparcar na praza da Igrexa da localidade. Segundo 'Galicia Bilingüe', o rexedor do BNG contestoulles que estaban previstos actos de entroido á vez que lles expresou “o compromiso coa defensa da nosa lingua, o galego, polo que non entendemos as agresións contra a mesma que vostedes propoñen dende a súa asociación”.

Sempre segundo a asociación, o alcalde tamén lles lembrou que “o galego é unha lingua minorizada que vén sendo agredida dende hai máis de cincocentos anos dende moitos ámbitos de de múltiples maneiras ata case a súa extinción, considerando quen isto asina que xa abonda”. Aínda así a asociación manifestou a súa intención de percorrer este luns a vila de Gondomar co seu autobús, aínda que “sen estacionar nun lugar concreto”


4,64/5 (45 votos)

Comentarios (47)

Morcego #1 3/Febreiro/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes sujeitinhos náo têm mesmo a noção do ridículo!

Gaias #2 3/Febreiro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta xente de Galicia bilinguie non ten vergonza. Adicar os seus cartos e tempo a persecuccion da nosa lingua, que se algo esta e en perigo de desaparecer pola historica persecuccion.
Quenes son os que impoñen? Os que non polemizan coas linguas ou os que crispan, menten e percorren as ruas con autobuses coma se dunha dictadura bananeira se tratara e os galegos fosemos parvos.

tacher #3 3/Febreiro/2008 tacher
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ja, ja...chegou o comandante e mandou parar

moradoiro #4 3/Febreiro/2008 moradoiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menuda panda de impresentables. Si gastaran os cartos e as forzas en algo positivo e se deixaran de lerias.

breixoak #5 3/Febreiro/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O de andar por aí dicindo que o castelán está en perigo e que se están a conculcar dereitos básicos é esperpéntico e case insultante.

Aproveito para propoñer o alcalde de Gondomar para futuro secretario xeral de Política Lingüística, polo menos non agocha a cabeza.

ranciadas #6 3/Febreiro/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PARABÉNS AO ALCALDE DE GONDOMAR!!! Que fagan todos igual ca el e xa verán os do "tanga", que resposta popular lles agarda.

xurxinho_tolo #7 3/Febreiro/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que gran alcalde ten moita razón.....se todos fixeran coma el.....que se deconta a xente q o unico q pretende esta asociación é acabar co galego.....

Ghaviotero #8 3/Febreiro/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gran alcalde si señor, vaia os collóns de Antón Araúxo, si señor!

micsha #9 3/Febreiro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Típico de los nacionalistas: todo por cojones.

Bien: primer asalto publicitario ganado. La cosa va viento en popa.

Ghaviotero #10 3/Febreiro/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tipico de los nacionalistas (españoles): todo por cojones (eres español por cojones, hablas español por cojones, estudias español y en español por cojones, etiquetas en castellano por cojones, hablas en español en Cortes por cojones, la señalización en Castilla monolingüe, en Galicia bilingüe por cojones, etc)

...

ranciadas #11 3/Febreiro/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, todo por collóns, que españolito o "micsha". Pérdete!! O que tiñan que facer ao autobús era pintalo de arriba e abaixo e poñerlle en cada concello unha boa multa, cando tivera moitas pasarlle a Rajoil a factura.
Ou que non sabemos que fostes a Gondomar a provocar porque alí había alcalde do BNG. Patéticos sodes.

lunet #12 3/Febreiro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

alboiando #13 4/Febreiro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a indiferenza é a melhor pílula contra a marxinalidade bilíngüe. que aparquen, logo lhe porán un cepo e fican sen ómnibus. bilígües, mais sen autobús. os derradeiros pelegríns...

Mcnally #14 4/Febreiro/2008 Mcnally
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un alcalde que limita el derecho a la libertad de expresión de una entidad legal, y la acusa falsamente de actividades que no lleva a cabo, ni que están entre sus fines, por el mero hecho de que no coinciden con sus ideas políticas sólo puede ser calificado de una manera: es una persona de ideas totalitarias, que limita el derecho a recibir información de los ciudadanos, algunos o muchos de los cuales pueden estar intersados en ella y hasta compartir las ideas de Galicia Bilingüe. Un alcalde demícrata debe limitarse a actuar según la normativa vigente, sin discriminar a los ciudadanos por motivos ideológicos. Él y los que jalean su postura son unos simples maleducados; unos aprendices de tiranuelos fascistoides sin la menor categoría. En cualquier país democrático se le obligaría a dimitir. Claro que, ¿qué se puede esperar de alguien con ideología nacionalista? Al final, el autobús estará en Gondomar y ya se puede poner el Alcalde como quiera. Es más, estará más tiempo del que iba a estar. No es el primer alcalde o concejal que utiliza su cargo para impedir el derecho constitucional a la libertad de expresión: denunciaremos todos los casos para vergüenza de estos gobernantes, fignos de una república bananera: en el fondo nos hacen un favor, mostrando a los ciudadanos realmente demócratas qué hay tras esa defensa fanática de los derechos, que no tiene tampoco ninguna otra, lengua.

Mcnally #15 4/Febreiro/2008 Mcnally
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un alcalde que limita el derecho a la libertad de expresión de una entidad legal, y la acusa falsamente de actividades que no lleva a cabo, ni que están entre sus fines, por el mero hecho de que no coinciden con sus ideas políticas sólo puede ser calificado de una manera: es una persona de ideas totalitarias, que limita el derecho a recibir información de los ciudadanos, algunos o muchos de los cuales pueden estar intersados en ella y hasta compartir las ideas de Galicia Bilingüe. Un alcalde demícrata debe limitarse a actuar según la normativa vigente, sin discriminar a los ciudadanos por motivos ideológicos. Él y los que jalean su postura son unos simples maleducados; unos aprendices de tiranuelos fascistoides sin la menor categoría. En cualquier país democrático se le obligaría a dimitir. Claro que, ¿qué se puede esperar de alguien con ideología nacionalista? Al final, el autobús estará en Gondomar y ya se puede poner el Alcalde como quiera. Es más, estará más tiempo del que iba a estar. No es el primer alcalde o concejal que utiliza su cargo para impedir el derecho constitucional a la libertad de expresión: denunciaremos todos los casos para vergüenza de estos gobernantes, fignos de una república bananera: en el fondo nos hacen un favor, mostrando a los ciudadanos realmente demócratas qué hay tras esa defensa fanática de los derechos, que no tiene tampoco ninguna otra, lengua.

xurxinho_tolo #16 4/Febreiro/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mcnally ti pareces moi demócrata e demostrasnolo con estas sinxelas palabras:
"¿qué se puede esperar de alguien con ideología nacionalista?"
"Él y los que jalean su postura son unos simples maleducados; unos aprendices de tiranuelos fascistoides sin la menor categoría2

Que demócrata semellas ser criticando aos que non pensan igual ca ti e ulilizando descalificacións ti si que das exemplo de liberdade de expresion e non te cortas nin un pelo.

"Un alcalde que limita el derecho a la libertad de expresión de una entidad legal, y la acusa falsamente de actividades que no lleva a cabo, ni que están entre sus fines, por el mero hecho de que no coinciden con sus ideas políticas sólo puede ser calificado de una manera: es una persona de ideas totalitarias"

Para comezar galicia bilingüe si que levou a cabo unha ccampaña de desprestixio do galego e senon podes ver as viñetas que fixeron en contra desta lingua marcando en google imaxes o seguinte anti galego e veras o que oculta a tua preciosa organización.

"No es el primer alcalde o concejal que utiliza su cargo para impedir el derecho constitucional a la libertad de expresión: denunciaremos todos los casos para vergüenza de estos gobernantes"

Pois veña comeza a denunciar aos que atentan contra aliberdade de expresión pero non te esquezas dos do PP cambadés........

SAUDOS

alboiando #17 4/Febreiro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

antes o digo, antes tenho razón. INDIFERENZA

petopitopato #18 4/Febreiro/2008 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que os seus obxetivos están en chamar a atención por calquera cousa pois daquela terían a noticia asegurada nos media...son unos hachas do marketing viral e o mellor sería que naide lle dera motivos para chorar polas esquinas. Ainda que sí me gustaría saber quen os financia...

Mcnally #19 4/Febreiro/2008 Mcnally
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xurxiño tolo dixo:

"Que demócrata semellas ser criticando aos que non pensan igual ca ti e ulilizando descalificacións ti si que das exemplo de liberdade de expresion e non te cortas nin un pelo".

Ai, Xurxiñp, pois si que es un pouco tolo, ou máus ben un pouco curto. Criticar as ideas de outro é unha das bases dun sistema democrático. As descalificacións son motivadas por unha conducta antidemocrática do alcalde, que é limitativa de liberdade de expresión, utilizando o seu poder de maneira ilexítima. Eu critico, con todo o dereito as ideas políticas coas que non estou de acordo, pero respectoas mentres non sexan totalitarias. Se o son non as respecto: non respecto unha idea que diga que a única lingua de Galicia ten que ser o galego e que se debe empregar a coacción, mesmo normativa, para acadar ese obxectivo. Iso non é respectable e non o respecto. Non todas as ideas son respectables, e dentro de elas os nacionalismos culturais/lingüisticos que pretenden reservar un territorio para unha determinada lingua.

"Para comezar galicia bilingüe si que levou a cabo unha ccampaña de desprestixio do galego e senon podes ver as viñetas que fixeron en contra desta lingua marcando en google imaxes o seguinte anti galego e veras o que oculta a tua preciosa organización".

Usto é unha trola como unha casa. GB non editou ningunhas viñetas en contra do galego. Supoño que, dentro do mal informado que estás ou da mala intención que tes, que te refires a unhas viñetas atribuidas no seu día á iniciativa tangallegocomoelgallego. Como quedou demostrado esa foi unha campaña de intoxicación feita desde sectores nacionalistas radicais (as mesmas viñetas xa tiñan no mesmo día unha versión na que os "malos" eramos os de tangallego... Curiosamente dicíase que foron distribuidas en Vigo, nalgúns colexios, pero ninguén as viu. Tangallego... condenot e rexeitou sen rservas tales viñetas, así que deixa de intoxicar, e non sexas senvergoña: estás inxuriando a GB e a persoas atribuíndilles actos que non cometeron. Se non tes argumentos para rebatir a nosa proposta de libre elección de lingua, sexa a que sexa, é o teu problema Xurxiño (ao mellor é que non das para máis).

larpeiran #20 4/Febreiro/2008 larpeiran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mcnally, GB propón o bilingüismo tamén fóra de Galiza, é dicir, defendendo os dereitos dos galegofalantes (e por extensión cataláns e bascos) ate alcanzar o multilingüismo a nivel estatal? Preguntoo por se sodes coeherentes ou simplemente unhs...

xermolo #21 4/Febreiro/2008 xermolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

esta xente chega o esperpento máis absurdo!!!!
por favor!!!idevos todos para Madrid!!! a falar castelán!!!!
Xa levamos 600 anos de represión!!!
Ata cando?

spider #22 4/Febreiro/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que eu saiba non se lles prohibiu "actuar" en Gondomar, senón estacionar na praza da Igrexa por mor dos festexos do entroido.. aínda vai haber que lles deixar o salón dos plenos municipais. Por certo, en base o voso ideario, como carallo conseguiredes que os galegos sexan bilingües se os castelán falantes non escoitarán unha palabra en galego... hai que lembrar que polo xeral os únicos bilingües en Galicia son os galegofalantes, comparado co que fala algún dos vosos representantes, Touriño fala ben.

ulo #23 4/Febreiro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"No es el primer alcalde o concejal que utiliza su cargo para impedir el derecho constitucional a la libertad de expresión: denunciaremos todos los casos para vergüenza de estos gobernantes"
Moi, pois poñede o carromato diante do Pazo de Maria Pita, e denunciar a Javier Losada, Paco Vazquez e demáis concelleiros do PSOE e do PP de A Coruña (coa complicidade de Tello, que fai como se non fora a cousa con el, cando é parte do goberno municipal).
Ademáis, se Galiza non fala portugués é porque rematou baixo o estado español cando foi das pelexas nos seculos XV e XVI, e o seu idioma non tivo a proteccion dun estado nacional, como si aconteceu co portugués.
E se "españa" non é hoxe unha nacion, senon unha cárcere de nacions, foi porque os que hoxe representan os "bilingues" foron incapaces de facer a súa "revolucion francesa", non tiveron o seu Cronwell nin o seu Robespierre.
E no 36 perderon, como din o outro, a última oportunidade de lexitimar unha nacion. E agora que non se queixen.
Por que Francia, o seu idioma, a súa bandeira e o seu himno -a Marsellesa- foi lexitimado por unha revolucion que rematou co antigo rexime -rexime defendio polos bilingues-.
"España", o seu himno, a súa bandeira e o seu idioma esta lexitimado pola forza dunha guerra civil contrarrevolucionaria, brutal e fascista.
Por iso, nin os deportistas teñen letra que cantar: cal cantarían, a da Republica ou a de Franco, que bandeira, a da Republica ou a de Franco, que idioma, co que naceron (basco, catalan ou galego) o co imposto por Franco.

outrolector #24 4/Febreiro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se eses impresentables teiman en facer o ridículo, alá eles, pero sen estorbar nunha praza pública con esa iniciativa grotesca e vergoñenta.

Parabéns ao alcalde de Gondomar, que de seguro lles pode indicar lugares alternativos para facer proselitismo co seu bus - sempre procurando o mínimo estorbo aos cidadáns.

OBSERVADOR #25 4/Febreiro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu não sei por que se diz que os GB são contra a normalização do galego. O decreto não estabelece um 50%? Pois isso é bilinguismo perfeito...

galeguzo #26 4/Febreiro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É curioso que o autocarro de Galizia Bífida tenha uma estética tão semelhante à do Grupo Correo Gallego, com essa tipografia, esses azuis e laranja... mmmmm...

galeguzo #27 4/Febreiro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ademais, estes NArCISistas nem tão sequer reservaram com antecipação sítio para estacionar... porquê será que não fazem como o resto de MURGAS e COMPARSAS :D??

GALIZA_SOSEGO #28 4/Febreiro/2008 GALIZA_SOSEGO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A nosa mais firme admiración polo Alcalde Arauxo, que por riba de calquera interese partidista sabe defender o dereito de todas e todos as veciñas e veciños de Gondomar a avanzar social, política e economicamente. Estas metas so moito mais doadas de alcanzar dende a conciencia nacional de pais e a propia auto estima como nación; e a nosa lingua é o vencello mais forte que temos coa nosa propia raizame.

Xa esta ben!!

O herdeiros da victoria da Guerra Civil non teñen vergonza!!

Xa foron moitos anos de impoñer linguas e modelos políticos e sociais alleos que so serven para fomentar o atraso económico e social e a incultura.

O que é bo para a o galego é bo para toda a cidadanía. O que é malo para a nosa lingua e malo para todas e todos as galegas e galegos.

LOIS_DE_SILAN #29 4/Febreiro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que Mcnally quere comentar as seguintes consideracións xurídicas:

1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.

En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º): "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".

Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.

Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamemte! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.

Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.

Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.

Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!

Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).

A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).

Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística").
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” serí
iamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.

Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).

2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!

Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).

Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).

Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).

Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ... ), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituir por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.

Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.

Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.

Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.

Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).

Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.

E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.

3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo.

josecomesanha #30 4/Febreiro/2008 josecomesanha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta xente non tería ningún problema se o ensino fora en inglés.
Din que non están en contra do galego e non é certo; a min espetaronme no centro de Vigo, cando negueime a asinar, que "el gallego no sirve para nada" e "tú hijo no va a salir de aquí", por certo que a persoa que pedía sinaturas estaba aquí.

xurxinho_tolo #31 4/Febreiro/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Ai, Xurxiñp, pois si que es un pouco tolo, ou máus ben un pouco curto. Criticar as ideas de outro é unha das bases dun sistema democrático."

Criticar si agora desprezar a outro pola súa ideoloxía como ti fas non asemella ser moi democrático.Ou para ti si??????Curta pareces ser ti cando defendes aunha organización que fai o posible por eliminar o galego e se cres que quere o bilingÜismo xq din a burrada de que cad neno ten que ser educado na lingua materna?????a que ben iso????Creo eu que sería ao revés en todo caso,se dun autentico bilingüismo se tratase...

" non respecto unha idea que diga que a única lingua de Galicia ten que ser o galego e que se debe empregar a coacción"

Coacción???? un mínimo dun 50% non é equitativo'?????non sei que entendedes por igualdade será un 95% castelán e un 5% galego como até o dagora e nunca ninguen protestou....Onde estaban non hai bilingüismo??????

salvora #32 4/Febreiro/2008 salvora
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo que o Araúxo se equivocou. Debeunos deixar estacionar e darlles o premio á mellor comparsa do Entroido.
Como di alguén: NINHADA DE RATOS!!!

BovedaGZ #33 4/Febreiro/2008 BovedaGZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outro exemplo máis:

http://lahuelladigital.blogspo...

ecoe #34 4/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A libertade de expresión coutase en múltiples lugares, -realmente o € €$pañol non fai máis que incrementar a mans cheias a creación de DISIDENTES, desde a propia Tra(ns)ición- cando o que se pretende é exercer dereitos básicos: votar un ideario político políticamente incorrecto, colocarse con unha faixa repudiando ó €xército (de "caza" diante dun liceo de rapaces, usar a simboloxía "sensible" en chistes ou queimas de bonecos alusivos, etc.

Téñenna e téndela de contado, quenes vaian no sentido de favorecer o Poder (capitalista, español, Madri, centralista, ...). Ahí non che hai merma de ningún tipo.

ecoe #35 4/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo que o seudoirlandés ése é UN GRANDE NAZIONALISTA €$PAÑOL e mais IMPERIALISTA, claro.

maleiro #36 4/Febreiro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que veñan polo mecizo central Ourensán e xa verán que bilingues somos por eiquí.
Estou seguro que non entenderemos dadiña do que dín istes castellanos...e iles tampouco nos entenderán.
Estou co alcalde Araúxo, claro.

Coruxeiro #37 4/Febreiro/2008 Coruxeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi ben por Araúxo.Que carallo veñen a falar estes españolistas,disfrazados de bilingües,si o único que pretenden e que falemos tod@s en español.Os meus fillos falaron en galego ata os tres anos,e non me deron ningunha opción de escoller entre galego ou castelan¡Impuxeronnos o castelán.Agora que non nos veñas estas ratas disfrazadas de democratas decindo as mesmas chorradas de sempre.Nin bilingüe nin ostias en Galiza o idioma oficial ten que ser o galego.Igual que en Francia e o francés,etc.etc.E despois que aprendamos a falar 200 idiomas mais.
Anque me chamen dictador porque non expoño argumento algún,penso que non fai falla, estamos en GALIZA,e isto deberia ser suficente argumento para que na nosa patria se fale o idioma que temos.SEAMOS NORMAIS,¡FALEMOS GALEGO¡ E deixemonos de chorradas

xel #38 4/Febreiro/2008 xel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"(...) estaban previstos actos de entroido. "

pois menos mal que non tiveron permiso. Imaxinade a xente de entroido bébeda que inda non está desenvolvida a tecnoloxia para desenhar aparatos capaces de medir os niveís de alcohol que levan no corpo, e o bus con eses eslóganes alí aparcado... Xa imaxino os ciganos ó dia seghinte a escoller os anacos bós pra os levar na freghoneta.

Gaviotero #39 4/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo del alcalde de Gondomar es típico de gente totalitaria que se niega a aceptar las ideas diferentes y las críticas democráticas.

Da igual, Antoñito Araújo, porque el mensaje de Galicia Bilingüe llegará y de qué manera a todo Gondomar.

eu_mesmo #40 5/Febreiro/2008 eu_mesmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero o Alcalde de Gondomar chamase Anton arauxo non Antoñito Araujo i é un bo alcalde e o q fixo nondeixando entrar a eses impresentable esta ben feito.

Elixir #41 5/Febreiro/2008 Elixir
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha formación política "dominada pola extrema esquerda e que se comporta igual que a extrema dereita". Dixo onte alguén que vos coñece ben. Eu non atoparía hoxe unha mellor definición.

lavesedo #42 5/Febreiro/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o autocarro estivo hoxe en cangas, mal estacionado, e está esta tarde en bueu. O mellor de todo son os detalles: matrícula portuguesa, (será unha chiscadela ao lusismo??), chófer galego falante, (eu son un mandado, chico, díxome cando lle preguntei por se sabía quen transportaba no coche), empregadas, (si, si aí todo o mundo chupa do bote) tentando coller firmas pola praza, e nula pegada na poboación. Quen tenta detelos trabúcase de vez. Eles están a desexar quedar como vítimas, que aparquen onde lles pete, (sempre que sexa legal, non coma hoxe, que estaban metidos na estación de buses, onde só poden estacionar os autocarros das empresas de transportes), que fagan o que queiran, estes xa non enganan a ninguén.

breogain #43 6/Febreiro/2008 breogain
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois que veñan por Pontevedra a ver que apoio teñen....pero que avisen con tempo para poder facerlles unha visita, a ver que é o que oferece esta xentiña, veña home, dicir que o castelán é aldraxado na Galiza e relegado a un segundo lugar !!!! (sic)

ecoe #44 6/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quererán unha cencerrada ou un enterro da sardiña mariñán?

lostrego #45 7/Febreiro/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moitos dos que estamos eiquí fomos discriminados por falar en galego.
Para gaviotero e demáis comentaristas: Cando vos miraron mal por falar en español, ou non vos atenderon, ou vos castigaron físicamente, ou vos humillaron?
O único idioma que no noso pais pode morrer é o galego, non o español.
Non se pode pedir liberdade de elección de idioma cando os dous idiomas non están en igualdade de condicións dende un principio, cando un deles foi imposto na práctica dende finais do século XV e fundamentalmente no XX coa escolarización exclusivamente en español. Ben doado é pedir agora igualdade cando se levan séculos de inxustiza, cando levamos séculos de non recoñecemento e represión dun idioma fronte ó outro. Tarde piáchedes!
Queredes a toponimia en español cando nin respectades toponimia legal? Como chamaredes a "Carballo" coa vosa dupla toponimia?
Veña, a empatizar un pouco.

Maeloc-do-Rouco #46 7/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom perdas o tempp "Lostrego" como se che fora o escoitar o "Gaviotero"...Fixate porem no bem que se define a sim propriono Comm.39

OBSERVADOR #47 7/Febreiro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E então? Soube-se se Gondomar ficou empapelada de bifidismo?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: