Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifesto

'Pola laicidade do Estado'

O Seminario Galego de Educación para a Paz, EsCULcA, Xusticia e Sociedade e a Coordinadora de Crentes Galegos presentaron este venres un documento de cara ás eleccións xerais.

Redacción - 12:38 01/02/2008
Participantes na presentación do manifesto, este venres

Participantes na presentación do manifesto, este venres

Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación para a Paz-Fundación Cultura de Paz; Elvira Souto, do Observatório para a defensa dos direitos e liberdades (EsCULcA); Agustín Bueno, da Coordinadora de Crentes Galegos; e mais Miguel Anxo Fernández, da asociación Xusticia e Sociedade, presentaron este venres en Compostela o Manifesto pola laicidade do Estado Español.

"As persoas e organizacións da sociedade civil, abaixo asinantes, queremos trasladar ás distintas forzas políticas que concorren ás eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo, e ao conxunto da cidadanía, esta iniciativa que pretende avanzar cara a un auténtico Estado non confesional, laico, homologábel a todos os efectos cos países da Unión Europea da que formamos parte, tal e como estabelece -de xeito explícito- a Constitución Española de 1.978.", afirman no manifesto.

Afirman, ademais, que a laicidade se "fai hoxe absolutamente necesaria para evitar as condutas progresivamente invasivas da actual Conferencia Episcopal española en relación cos nosos dereitos constitucionais como cidadáns e cidadás laicas".

Criticas á Conferencia Episcopal

Neste senso, poñen como exemplo: "a actitude abertamente política e militante da Conferencia Episcopal"; "o uso e o abuso da chamada 'declaración eclesiástica de idoneidade' para ensinar a relixión católica nos centros escolares públicos e concertados".

Tamén, "a representación relixiosa nos distintos actos oficiais, particularmente, nos funerais de estado polo rito católico, (...) ou nas ofrendas ante o señor Santiago, na catedral de Compostela"; "o privilexio de trato que a Igrexa Católica recibe por parte do Estado nas cuestións económicas e impositivas", e "a utilización dos espazos públicos con finalidades fraudulentamente relixiosas, tal e como ocorreu na recente concentración en defensa da familia católica".


Documentos

4,82/5 (17 votos)


Comentarios (4)

Gaviotero #1 2/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues conmigo que no cuenten. Estado aconfesional sí. Laico, no. Y mucho menos en el sentido en el que lo entienden estos tipos que quieren que todos los españoles seamos de izquierdas, como ellos. Pues lo tienen claro...

Maeloc-do-Rouco #2 2/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sectario Gaviotero, nom entendes nada..U e que se di que quere que tudos os cidadans sejam de esquerdas?? Logo acreditas que ser catolico e ser de direitas?? Nom sera tam sectario o sr Gaviotero...Trata-se da democracia Seaguller, ninguem che tira de ser ultradireitista ou ultraliberal nem monolingue espanhol, nem galliguinio-espanholeiro, nem manter as tuas opinions no entanto nom sejam ofensivas nem violentas cara a integridade fisica e moral dessas pessoas -falo de pessoas nom de simbolos- (tem graza que lhe faiga esta pergunta a quem por "hobby" insulta ao ar por se passa algum esquerdista/galeguista/vermelho/seareiro da teologia da libertazom/seareiro da da Palavra de Jesus/humanista polo caminho e ver se lhe bate...O sr Gaviotero e a antitese do cristiano..o cal por desgraza vem ser denominador comum de certo cristianismo e das suas "elites" (outra contradiccom em si proprio)..Se Jesus soubera de tudo isto...

BonKarallan #3 5/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estado laico Si. Ademais pídeo "Dios" (Manuel Dios), e o que "Dios" pide, vai a misa.

Gaviotero, xa me dirás ti como un Estado é aconfesional e non é laico, ou sexa, está formado por sacerdotes aconfesionais. Así que non contamos contigo, sacerdote aconfesional (o contrario de Jimenez Losantos que é ateo pero confesional. Está co que diga a Conferencia Episcopal)

Se non nos gusta que gobernen os relixiosos nos países árabes, tampouco nos debe gustar que a Igrexa católica ou doutras seitas cristiás (como a de Bush) meta os narices nos gobernos occidentais.

tertulian #4 10/Febreiro/2008 tertulian
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Voulle dar a volta ó argumento de gaviotero. Ninguén quere que tódolos cidadáns sexan de esquerdas, pero igual que ti non queres que che fagan de esquerdas, eu non quero que a conferencia episcopal esté metida en temas de estado. Quen quera ir a misa que vaia (e todos debemos respetar esa decisión), igual que se eu quero ir de pubs, quero que me respeten. E despois, a min que non me obliguen a ir a misa, e a ti que non che obliguen a ir de pubs, e tan tranquilos os dous.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: