Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo informe estatístico

Case cinco anos de ocupación: un millón de iraquís mortos

A finais do inverno de 2003, EUA e os seus aliados invadían Iraq. Case un lustro despois, un novo dato sae á luz: 1.033.239 iraquís morreron dende aquelas.

Redacción - 13:00 31/01/2008



Máis dun millón de iraquís morreron desde o comezo da guerra desencadeada por Estados Unidos en marzo de 2003 en Iraq deica agosto de 2007.

A cifra achegada é resultado dun estudo estatístico -feito público esta quinta feira- elaborado polo instituto británico Opinion Research Business (ORB) e polo Independent Institute for Administration and Civil Society Studies (IIACSS).

Un total de 2.414 persoas, maiores de 18 anos, foron entrevistadas polo ORB relativa para determinar o número de persoas mortas nos seus respectivos fogares, dende a invasión.

Os resultados da investigación cifraron en máis dun millón o número de iraquís, concretamente 1.033.239, que perderon a vida nestes cinco anos de ocupación da coalición internacional que lidera EUA.

Os datos finais da enquisa sinalan que o 20,2% dos entrevistados confirmaron a morte de polo menos un familiar nos seus fogares, cunha media de 1,26 mortes por núcleo familiar, por causas relacionadas coa violencia enquistada en todo o país.

O censo completo máis recente en Iraq remóntase a 1997 e cifra en 4.050.597 o total de fogares no país, subliña a institución británica.

A cifra podería ser maior
O estudo, realizado entre agosto e setembro do 2007, ten unha marxe de erro de arredor do 1,7% e cobre 15 das 18 provincias do país.

Tanto Kerbala como Al Anbar ficaron fóra do estudo "por motivos de seguridade", afirma a organización polo que a cifra, din podería ser "aínda maior". Tampouco existen datos da rexión setentrional de Irbil xa que as autoridades renunciaron a colaborar cos investigadores.

O ORB é membro do Consello de Investigación Británico mentres que o IIACSS é un instituto de opinión establecido en Iraq no 2003 que realizou diversas enquisas en todo o territorio iraquí.


Documentos

4,67/5 (3 votos)

Comentarios (17)

ichavinho #1 31/Xaneiro/2008 ichavinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E isto non é terrorismo ou cando menos xenocidio;Os culpabeis coma os tres das Azores o banquinho xa;Iso si con defensa non como fan eles mesmos en Guantanamo

OBSERVADOR #2 31/Xaneiro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto era do que muitos falávamos lá pelo ano 2002 quando vimos vir o massacre desde a queda das torres.

O Iraque, destruido e os agressores, em liberdade.

breixoak #3 31/Xaneiro/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O mundo non é mellor ca en 2003. O drama de Iraque ensínanos o peor do xénero humano

Albert #4 31/Xaneiro/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por desgraza, na Europa dos "Dereitos humanos" non veremos a ningún destes personaxes ante o tribunal.

Aldara #5 31/Xaneiro/2008 Aldara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este é o mellor exemplo de que a xustiza internacional non existe, a non ser que sexas un xenocida dun país africano.

Aldara #6 31/Xaneiro/2008 Aldara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non no meu nome

tunhito #7 31/Xaneiro/2008 tunhito
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

UFF que xentiña, tedes todos un odio irracional a todo o que oficialmente soe a EUA. Esquecedes que os Estados unidos de Norteamérica fai 100 anos era o estado mais libre e democrático do mundo,100 anos despois sigue sendo un estado de dereito onde a xustiza xulga a todos, unha república onde os homes son iguais e un afroamericano loita por chegar a presidencia.
Convídovos a todos os antiamericanos a face_as malas e que marchedes para o Iraq ou Afganistán. !A todos viva Iran ese estado amigo onde se lapida as mulleres e se aforca os homosexuais! Estades cegos.
Por ultimo quero dicir que se a invasión de Iraq fose acometida por outro Estado non tería a mesma repercusión nos medios que ten.

ecoe #8 31/Xaneiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nos estadsos de dereito pódese dar un golpe de estado electoral e sair gañador o presidente de turno?

Nos estados de dereito -o español tamén o é, seica- pode haber máis de 200 MENORES EN CADEA PERPÉTUA?

...

A ver si pensas que chupamos o dedo, ti!

OBSERVADOR #9 31/Xaneiro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Antes do massacre do Iraque houve outros. Este não é o primeiro, nem será o último. Algo teremos que ir aprendendo os que ficamos vivos, não?

Albert #10 31/Xaneiro/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#7 Que malo é Irán, que hai pena de morte. Que bo EUA onde... tamén hai.

micsha #11 31/Xaneiro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1 millón de muertos...y en portada.

Ya lo he dicho en más de una ocasión: desde que Quintela dejó la dirección de Vieiros, este periódico trata a sus lectores como idiotas.

1 millós de muertos...

Qué patético intentar hacer propaganda electoral con un tema como este.

eu_mesmo #12 31/Xaneiro/2008 eu_mesmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

EUA:Asassinos!!! Bush:xenocida

aznar,Blair.Bush á cadea!!!!

#7 xustiza??? x iso condenas a mais afroamericanos e hispanos q a blanquiños estadounidenses.

Albert #13 31/Xaneiro/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O comentario 11 é absolutamente impresentable. Para el dar a coñecer a cifra de mortos (nada menos ca un millón!, veume á cabeza o poema de Dámaso Alonso: "Madrid es una ciudad de más de un millón de cadáveres
(según las últimas estadísticas)") é electoralismo. Practicamente diríase que para el se perderon eses mortos "como lágrimas en la lluvia". Élle cousa indigna que se dea a información de 1.000.000 de mortos na portada dun medio. Absolutamente noxento.

Só dicir que estou co pobo iraquí, con eles de todo corazón, que remate isto xa, que remate o imperialismo asasino de pobos.

micsha #14 31/Xaneiro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No Albert, no, tu fanatismo te ciega tus capacidades de comprensión lectora. El problema, que no ves, es que eso del millón de muertos es un imposible que se intenta colar en medios idiotizados como este que con tal de publicar cualquier cosa, por más disparatada que sea, que presuntamente pueda defender lo indefendible, pues lo aceptan como información sin el más mínimo rigor.

Albert #15 1/Febreiro/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei se hai cálculos mellores sobre a cifra de mortos, a min tanto 500.000 mortos non cambia en nada o abominable da guerra. De todos xeitos, e presupoñendo que tes mellores fontes, gostaría de que achegaras os datos que barallas.

PS: Non me considero un fanático, son un tipo ben normaliño.

Gaviotero #16 1/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los muertos lo son por el terrorismo, que no por eso que en Vieiros llaman la "ocupación".

Gran diferencia.

lunet #17 1/Febreiro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: