Soben á rede un video no que quedan rexistradas as ameazas aos grupos ecoloxistas que se manifestaban contra a caza de raposos.
Os integrantes de Na Deriva, subiron á rede un video no que quedan demostradas as ameazas dos cazadores que acudiron a pasada fin de semana á V Copa de Caza de Raposo en Portomarín. O boicot, causante dos feitos, foi organizado pola plataforma Matar por matar NON e consistía en acompañar aos cazadores ás zonas de caza para unha vez alí, con pitos, bociñas e megáfonos como únicas armas, espantar os animais para impedir que fosen tiroteados polos competidores da copa. O saldo final: un ecoloxista detido, outro agredido e 69 raposos mortos.
O integrante de Verdegaia e de Na Deriva, Roi Seoage, resultou agredido por gravar coa súa cámara as ameazas que proferían os cazadores ao serlles impedida a caza. Tralos feitos, Seoage interpuxo unha denuncia contra os cazadores, na que afirma que "tentaron bater en min coas súas escopetas coma se o fixesen cun bate de baseball, rabuñáronme o pescozo e retorcéronme un dedo", aínda que tivo que desprazarse até Palas de Reis para poder facela efectiva.
Segundo Roi Seoage, as cacerías son moi negativas, xa que a diferencia do que opina a Federación Galega de Caza, si inflúe na desaparición de comunidades de golpes, como xa sucedeu co lobo, que actualmente está desaparecido en moitas zonas de Galiza. “Coas batidas que abranguen diversos concellos están a dificultar a supervivencia dos raposos, é moi difícil que se recuperen, xa que en moitos casos eliminan aos especimes fortes, quedando só os febles, e propiciando que se espallen as enfermidades”.
Aquí podemos ver o vídeo:
sempre hai quen gosta de darlle ao gatillo da beretta nas tardes de domingo. pais de familia, honrados veciños, xente de ben que paga os impostos e designa alcaldes. pola mañán van a misa e logo, mentras non poñen o partido do plus, en que van pasar as tediosas horas estes santos baróns de xaurías, toyotas e nissans? coido que si a cousa funciona un mínimo de ben, estas xentiñas que tanto se cagan e amenazan deberían pasar un día que outro polo cuartel máis próximo a entregar os seus xoguetes e logo dirimir no xulgado estas disputas, a ver si se calman un pouco. e os poderes públicos e autoridades competentes, tan prestos a levarse detidos a ecoloxistas ou a incendiarios da imaxe do borbón cazador, quizás farían ben en preocuparse un pouco de esto, por que o día menos pensado, e visto o que aparece na gravación, o peor temos que lamentar feitos máis graves. pero que se pode decir logo do asunto mitrofan? quizás soio que é mellor ser cazador deportivo ( háiche cada deporte, ne... ) que zorro en galicia ou oso en rumanía...
O peor da caza é que non se fagan máis controis de alcoholemia despois dos xantares.
O meu total apoio aos que tiveron e teñen a coraxe a a valentía de denunciar estas cacerías e poñer de manifesto o nivel e a calaña deses cazadores de pacotilla (que me perdoen os CAZADORES), asasinos de pobres animais, incapaces do mais mínimo razoamento ou discusión educada.
O meu total desprezo aos retrasados, túzaros incurabeis, asasinos de bichos, pequenos e indefensos, sen xustificación intelixente NINGUNHA, e que poñen en perigo ás persoas que traballan, patean, e disfrutan o monte galego.
Tamén, o meu total desprezo aos funcionarios públicos, de garavata ou sen ela, co-responsables de que esta vergoña non remate de vez.
Creo que hai que ir limitando o cupo de pezas, un xabarin pode arruinar colleitas, pode ser razonable que alguén queira cazar un, o que non entendo é que maten corzos ou similares, animais inofensivos, dunha maneira indiscriminada.
Propoño que as especies non dañinas, non se poidan cazar, e as outras ir limitando o número de pezas.
que vergoña estes cazadores pensan que por ter unha escopeta xa son mais ca os demais dende logo
o que da é moito medo ver a este tipo de persoas armados ata os dentes polos montes adiante ... e se enrina alguén lle leva a contraria xa non che digo ... MOITOS ÁNIMOS !!
Menos mal que non o publicaches, senón iades levar nos fuciños.
Calquera se achega a Diós, co que fede.
Hai moito raposo solto disfrazado de home.
Noraboa pola coraxe e a valentía de denunciar estas cacerías.
A violencia é o medo as ideas dos demáis, dicía aquel caralludo hindú.
que medo tiñan eses das escopetas, parecían sacados dun documental de Michael Moore.
Os homes son violentos por natureza, ensáñanse cos que cren máis febles, o mesmo lle zoupan á muller que van coa escopeta a matar bechos indefensos. Iso das cacerías, xa ía Franco, Fraga con Franco, é coma moi de dereitas, non?
É de vital importancia deixar testemuño gráfico do seguimento a este tipo de salvaxes, a tensión do momento e o "poder" que os rifles lles outorgan a estes subindividuos calquera día vai rematar en desgraza. Eu formaba parte da comitiva de ADEGA que se enfrontou con esta xente en Magros (Beariz) durante o "campionato" do Carballiño, portaban as armas cargadas en plena vía pública, e mesmo chegaron a intimidarnos disparando ao aire e encanonando a un compañeiro, ameazas verbais aparte. Son capaces de calquera cousa.
Que valor dan as escopetas¡¡¡
non estou de acordo d q tds os homes somos violentos x natureza... eu dende logo non o considero asi,eu nin lle zoupo a miña moza nin vou de caza.
Tamen há mulleres cazadoras non???son elas violentas x natureza???
patetiko...
Mecaghoendiós, mecaghoendiós, mecaghoendiós... Argumentos filosóficos de peso, mantra para unha vida e razón dos ignorantes.
A Lei só será digna cando recolla tódolos dereitos para a protección dos que non poden defenderse: os animais son tan víctimas da escuridade dos homes como as mulleres maltratadas ou as minorías discriminadas.
Saúde e paz.
http://www.fatimapeon.blogspot...
e despois cós raposos k karallo fan, metelos polo cú..pork pra peleteiros non sirven teñen máis buracos cún coladeiro, de seguro k van pro lixo.
E despois dun duro dia de deporte uns estiramentos e unha boa paparotada....
cumha escopeta na man calqueira fala! falan por muitos cazadores, nom por todos....
¿Por qué a Xunta permite estes campionatos de caza de raposo ou tiro ao pombiño?, ¿por qué se emite todos os sábados na Televisión de Galicia, ás 15:05 horas un programa sobre a caza?, ¿queren ir adoctrinando aos rapaces para que cando medren se fagan tamén escopeteiros?