Aínda así, os certificados dos arquitectos galegos foron en novembro un 1,5 por cento superiores aos de outubro.
Continúa a crise no sector da construción. Flickr: gomariz
Continúa a crise do sector da construción, segundo indican os datos sobre os permisos que os colexios de arquitectos outorgan para construír novas vivendas, publicados polo Ministerio de Fomento. En Galiza, os visados de obra nova para uso residencial situáronse en 6.104 até o mes de novembro, fronte aos 8.407 do mesmo período do ano anterior, o que supón un descenso do 27,3 por cento.
A pesar deste descenso, o dato amortiguouse un pouco xa que até o mes anterior o descenso fora do 28,8 por cento, o que supón un incremento en novembro do 1,5 por cento. A situación é máis positiva que no Estado, onde o descenso total foi do 35 por cento, tras un incremento do 14 por cento no mes de novembro.
A caída dos visados en Galiza até novembro é causa do derrumbamento dos certificados que se conceden para as vivendas unifamiliares encostadas, que baixaron até un 60,3 por cento e pasaron dos 1.675 aos 657. Tamén caeron en picado os visados concedidos para a construción de vivendas novas unifamiliares, que se sitúa no 31 por cento pasando de 4.456 en 2006 até 6.525 do mesmo mes de 2007, e a baixada das vivendas unifamiliares illadas, que chegaron ao 22 por cento.