A asociación critica as contradicións que existen no seo do partido e considera que o seu único obxectivo é provocar crispación.
A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á dirección do PP que defina o modelo lingüístico que defende para o ensino. Para a asociación, o partido "carece dunha postura minimamente clara", pois xa votara anteriormente a prol da galeguización do ensino "no 2001, no Congreso; no 2004, no Parlamento galego polo 50%" e no 2007 defendeu un decreto "que decidiu criticar a última hora, para terminar defendendo a aplicación para Galiza do modelo vasco".
Segundo A Mesa, o PP carece dun modelo estabelecido para a lingua, e dependerá "de quen fale", o que demostran as diferentes posturas dos seus membros, Mariano Rajoy contra o galego como lingua de docencia, Manuela López Besteiro a prol "do modelo vasco" e Núñez Feijoo, a favor do 50%.
A entidade pensa que o partido procura "a crispación nun tema tan importante para a convivencia e a cohesión social", sen ter "un modelo claro para propor e ni tan sequera un compromiso" de que se respecten os acordos. E iso despois de ter votado "en favor de todas as leis", que agora "critica con tanta escandaleira cínica".
Incumprimento da lexislación
Porén, A Mesa asegura que o cumprimento da lexislación lingüística non mudou "de xeito relevante coa actual Consellaría de Educación" e tacha de "calamitosa" a situación actual no galego, maiormente na etapa infantil. "Nin antes o PP nin agora o PSOE fixeron cumprir a lexislación", o que "pon en perigo a cohesión social e o futuro da cultura galega".
SI QUE SE DEFINAN PORQUE DAR DIFERENTES OPINIÓNS PARA QUEDAR BEN CON TODOS XA COMEZA ACANSAR O PP TEN QUE DICIR CON NORMALIDADE QUE ODIA AO GALEGO COMO É O CERTO E ASOCIEDADE GALEGA XA O XULGARÁ.......INCOHERENTES OS DO PP
Incoerentes desde quando?
São uns grandes coerentes os PePeiros. E estão muito bem definidos.
É que os da Mesa são parvos ou andam a despistar?
Para min que non se van definir...
Me defino: O modelo english e máis o castellano (Me la cojes con la mano) PP
O modelo linguistico do PP:
-En Madrid decir que se debe sufrimir o galego do ensino para agradar os fachas da meseta.
-Na TVG un minimo de 50% de asignaturas en galego para contentar os da boina "galeguita" e os do birrete mas urbanitas e "castelanizado"
-Se hai que ir a real academia galega, algunha reunion con profesores ou escritores galegos ou calquer foro galeguista "o modelo vasco".
Pola sua parte Rajoy xa dixo que queria 50% castelan e despois pensa ensinar parte en ingles (imaxino que non menos do 30%),frances, e as migallas para a lingua galega (para el algo puramente folclorista que debe voltar como no franquismo a falarse e estudarse so nas casas).
Mesmo no Tengo una pregunta para usted dixo que xa tiñamos que coñecer o chino.
O que busca Rajoy con esta politica linguistica antigalega e preparar o terreo para cando o chimpen do seu partido e o manden para Galiza coma fixeron con Fraga. Enton el quere unha Galiza que se vaia castelanizando para que el poida entenderse.
Aprender idiomas é cousa boa pero máis importante é o coñecer a lingua propia.
Un dos persoeiros,que loitou con todos os seus esforzos por dignificar a nosa cultura e lingoa,foi FREI MARTIN SARMIENTO,sendo os seus orixes da aldea de Perros,concello de Sarria,donde esta a casa-torre de sua nai,Clara Balboa, a asociacion amigos do souto,temos reinvindicado un area de ocio e descanso a Xunta de Galicia, que ben podria levar unha lapida ou lousa no seu recordo,pois pasou moi esquecido no seu ano das Letras Galegas,na aldea e no concello,polo que seria unha forma de resarcirse de ese esquecemento.
SERIA MOITO PEDIR UNHA LAPIDA NA HONRA DE F.MARTIN SARMIENTO NO SOUTO DE PERROS EN PLENO CAMIÑO DE SANTIAGO?