Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
"Por ser sucesora de Batasuna"

O goberno español autoriza a ilegalización de ANV e EHAK

O Consello de Ministros deulle permiso á Avogacía do Estado para iniciar os trámites.

Redacción - 14:25 25/01/2008
De la Vega, este venres

De la Vega, este venres

O Consello español de Ministros autorizoulle este venres á Avogacía do Estado iniciar os trámites para a ilegalización de ANV e do PCTV pola súa presunta vinculación con Batasuna, tamén ilegal na actualidade.

Segundo informou a vicepresidenta, María Teresa Fernández de la Vega, con esta actuación impedirase xudicialmente a concorrencia de ambas as dúas formacións ás eleccións xerais do 9 de marzo.

O acordo do Goberno foi adoptado unha vez que se probou de "forma clara e contundente" a súa vinculación con Batasuna, e fíxose "en tempo e forma, coas probas na man" e dende o "estrito cumprimento das garantías e dos procedementos democráticos de legalidade", dixo De la Vega.

Concretamente o Consello de Ministros deu permiso para "exercitar as accións que resulten procedentes para instar a declaración de ilegalidade ou de improcedencia de continuidade ou sucesión de Batasuna, dos partidos políticos PCTV-EHAK e ANV-EAE, asegurando en especial que se impida xudicialmente que concorran ás eleccións xerais do 9 de marzo".


Ligazóns

1/5 (3 votos)

Comentarios (19)

baltar69 #1 25/Xaneiro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bueno, bueno, bueno.
xa non soio os do ardor guerreiro irakí se poñen ó caso, tamén os do gal queren mostrar que en tempos máis contemporáneos eles tamén saben faxarse cando a reelección chama as portas e a escasez amanaza con mandalos a todos para a casa.
sopoño que o quin terá unhas palabras cando o caso se consume semellantes as que hilvanou o outro día ca detención do tetrapléxico de sárdoma.
así da gusto.

UnDeTantos #2 25/Xaneiro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min isto recórdame a cando se di o malos malísimos que son Castro ou Chávez,mentres aquí o estado espanhol está a pechar periódicos,ilegalizar partidos e mandando a xente ao cárcere so pola sua militáncia política.
En fin,país

UnDeTantos #3 25/Xaneiro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E ao de arriba,que agardas que Quin apoiei aos GRAPO?
É máis,alguén públicamente apoia aos grapo?
É máis,alguén na intimidade apoia aos grapo?

Estoume dando conta de que aquí,cunha pantaia e un teclado por medio,hai moito revolucionario teórico,quen me dera vervos na práctica

rockandroll #4 25/Xaneiro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver...a ti quem che dixo que as cinco pessoas detidas sejam do GRAPO? Eu conheço a duas, e como muito sei que apoiam aos presos. A sua actividade era pública e à luz do dia. Quê vai fazer o burguerquin se nom som achados culpáveis?

Por outra banda, já podem ilegalizar o que queiram, que a esquerda abertzale vai estar nas eleiçons gerais. Sim ou sim.

rockandroll #5 25/Xaneiro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto já o digo para que o apunhalador de nenos esse do Gaviotero nom cante vitória antes de tempo. Vou rir a cachom, quando algum tenha que ver aos interventores de Batasuna no colegio eleitoral. Maria Sangil, fode-te!!!!

xoselado #6 25/Xaneiro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Entendo que a sra vicepresidenta quererá dicir que non poderán concorrer se así o dictamina unha resolución xudicial.Que non apure tanto que algo poderán dicir na súa defensa estes partidos.Ou non?Menudo talante o de ZP!.Non sei que poden pensar as bases deste democratísimo PSOE que tentaba "ensanchar" a democracia.Unhas preguntas: isto, neste momento previo as eleccións, non é xogar cos temas terrosistas cousa que tanto lles criticaban aos do PP? Batasuna ou ANV, son forzas ilegais tamén en Francia?

Gaviotero #7 25/Xaneiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este Gobierno maneja la Justicia a golpe de oportunidad electoral. Y la Justicia parece que se deja...

teixugo #8 25/Xaneiro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MOINANTE!!!

xoca #9 25/Xaneiro/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lamentábel, sen comentários.

xoca #10 25/Xaneiro/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A xustiza é miña!, que te creias!
Firmado: PP -PSOE

ecoe #11 25/Xaneiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué extrano que neste ESTADO DE DEREITO coincidan o que di o Goberno que fagan os XUÍZES, e o que din os Xuízes que faga o Goberno!

Coido que éste sí sería un bó regalo para Marrocos na vez da rebaixa de armas que lles mandou o partido do GAL, seguindo as xeniais ideias do Koldo (rebelion).

BonKarallan #12 25/Xaneiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os feitos ocorreron así.

-ZP: "Garzón cando falte un mes para as eleccións, vas e ilegalizas ANV e EHAK e logo non che preocupes que o Goberno autorizaracho"

Hipócritas. Ordeno, mando e fago saber e logo di que lle autoriza. O goberno non pode autorizar á Xustiza. Porque seguro que este Goberno non autoriza a que a Xustiza investígueos a eles.

BonKarallan #13 25/Xaneiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que Gaviotero teña a mesma opinión neste tema que a maior parte deste foro, é só pura coincidencia, e débese tan só a que o mandamáis chámase ZP, pero con Jose Mari non facía falta ilegalizalos, chamaría a Bush para invadir a Euskadi.

¡¡NINHADA DE RATOS!!

lunet #14 25/Xaneiro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Albert #15 25/Xaneiro/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa que logo por qué non se ilegalizan os partidos fascistas e neonazis? A xustiza está chea de hipocrisía... que uns neonazis deixen parapléxico a un negro é máis barato ca queimar un caixeiro automático. Vergoña de xustiza.

AGIL #16 26/Xaneiro/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou contra toda a ilegalização de ideias. É aberrante, mesmo juridicamente, que pessoas -cidadãos- não condenadas em sentença firme "contaminem" partidos políticos legais e legalizados.
Já a ilegalização de Batasuna foi um arrouto do pEpE, depois de o pEsoE do Zapa ter dado e insistido na "ideia" (a iniciativa de ilegalizar foi desse Zapa). Mas agora ilegalizar partidos porque têm contratados pessoas de um partido que já no existe, parece-me próprio do franquismo em que ainda estamos... por meio do seu sucessor (que ele -Franco- nos colocou).
Porque o conto de não condenar atentados -sentençou o Tribunal Constitucional deste reino bourbónico- não constitui matéria de ilegalização. (Se a constituísse, há tempo que deveriam ser ilegais o pEpE e o pEsoE: Quantos atentados do GAL, por exemplo, condenaram os ditos?)

ecoe #17 26/Xaneiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué teimudos os pesoístas do GAL: si sempre está ahí o VOTO NULO, para facer reconto da PROTESTA E DA VIOLACIÓN DO DEREITO DE EXPRESIÓN!

Barcelos #18 28/Xaneiro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ilegalizar un partido non é o mellor xeito de negociar a paz nun país.

Onde di Xustiza debe dicir Vinganza.

Tino #19 4/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Haveria q ilegalizar o PP e o psoe pola fraude de lei q tanto lle favorece de deixar votar non en urna e aos mortos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: