No acto de homenaxe a Álvarez Blázquez tamén se lerá a réplica que orixinalmente lle realizara Bouza Brey, na voz do fillo deste, Fermín Bouza Álvarez.
Cando Xosé María Álvarez Blázquez ingresou na Real Academia Galega en 1964 quixo ler o seu discurso, Cantares e romances Vellos prosificados, no Pazo Quiñones de León, en Vigo. Segundo Álvarez Cáccamo, isto non foi posíbel debido a motivos políticos, e o acto definitivamente tivo que celebrarse na Coruña.
Agora, 44 anos despois, cumprirase o desexo de Álvarez Blázquez a través dun dos seus fillos. Xosé María Álvarez Cáccamo repetirá o discurso de seu pai e será replicado por Fermín Bouza Álvarez. Isto non é casual, pois orixinalmente a réplica fora realizada polo pai deste, Fermín Bouza Brey.
O acto central de celebración das Letras Galegas terá lugar o 17 de maio, e celebrarase en Vigo, nun escenario aínda por concretar. O secretario da Real Academia Galega, Manuel González, explicou que esta institución "ten unha débeda coa cidade de Vigo, debido á importancia que a cidade tivo dende o punto de vista social e cultural no conxunto de Galiza.
La RAG, una institución, por llamarle algo, tan politizada como desprestigiada.
Arriba o Pepe Cáccamo, e un bon poeta. Nestes tempos gosto mesmo dos seus Cadernos da Ira.
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡