Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Segundo Telmo Martín (PPdeG)

Impedir que os promotores accedan ás alcaldías é "inconstitucional"

O construtor e presidente local dos populares no Concello de Pontevedra criticou a iniciativa da Xunta neste senso.

Redacción - 14:05 22/01/2008
Telmo Martín foi alcade de Sanxenxo

Telmo Martín foi alcade de Sanxenxo

O presidente local do PPdeG en Pontevedra, Telmo Martín, cualificou de "inconstitucional" a iniciativa da Xunta de impedir por lei que alcaldes, concelleiros e funcionarios municipais poidan exercer ao mesmo tempo como promotores inmobiliarios, naqueles concellos onde realicen a súa actividade pública.

Martín, que tamén é promotor, dixo este luns que "pecharlles a portas ás persoas que teñen ideas que achegar á vida pública durante unha etapa da súa vida" parécelle "inconstitucional", e engadiu que "hai moitas persoas en todos os partidos políticos que viven do diñeiro público e iso si que non me parece correcto".

O popular, propietario do 33% das accións da inmobiliaria Construcuatro, sinalou que só "mentes retortas poden pensar que uns cantos poden manexar a administración á solta". Neste senso, asegurou que na actualidade "calquera actuación a nivel estatal, autonómica ou municipal, está regulamentada".


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

xurxinho_tolo #1 22/Xaneiro/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si para asi beneficiarse a si mesmos e gañar mais diñeiro
dende logo este non é parvo.....

ecoe #2 22/Xaneiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A iniciativa da Xunta é para inxenuos: non fai falta ter un cárrego para estar no allo das decisións! (Directamente: Borracheira de Poder, do Chabrol)

xurxom #3 22/Xaneiro/2008 xurxom
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O ben feito ben parece. Se a Manuel Pizarro, flamante salvador do PP, lle obrigaron a deixar o consello de administración de Telefónica... por que non facer o mesmo con Telmo Martín se vai ser concelleiro o alcalde de Pontevedra? Non vexo o problema constitucional nin rabos de gaitas. Se este home quere ser alcalde que venda a súa empresa ou que traballe só noutros concellos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: