Do 13 ao 24 de febreiro participarán na feira máis trinta editoriais do país, medio cento de autores, e ofeceranse nove exposicións e unha ducia de concertos.
Cartaz de edición 2008 da Feira
A Feira do Libro da Habana debe converterse na porta de entrada da cultura galega en América, unha histórica oportunidade de negocio e de visibilización de Galiza en todo o mundo, principalmente en América. Se ben non ten a visibilidade comercial da de Frankfurt ou Guadalaxara, a feira cubana é equiparábel a estas en participación popular. As súas dimensións son significativas: 650.000 visitantes, 1.3 millóns de libros vendidos, ou 650 editoriais representadas. E a Feira é algo máis que os dez días nas que ocupa o fortín de La Cabaña na Habana; unha vez que pecha as súas instalacións, moitas das actividades, mostras e presentacións viaxan por trinta cidades e vilas da illa. En definitiva, a Feira constitúe o máis importante esparate da literatura e da industria da edición en América Latina.
É a primeira vez que unha cultura sen Estado de seu é a convidada de honra na Habana, despois de que nos últimos anos México, Francia, Italia, Brasil, Alemaña ou Arxentina (no 2007) tivesen este privilexio. É por isto que a Consellería de Cultura, a través de Ánxela Bugallo, asumiu esta mañá na presentación da programación que Galiza ofrecerá na Habana, que se trata "dun grande reto como país e como cultura". E un paso que pode levar a outros: o máis inmediato a posibilidade que Galiza sexa o país convidado na Feira do Libro de Guadalaxara (México) en 2011. A cultura galega viaxa á Habana para facerse grande, para dialogar coas demais culturas do planeta en pé de igualdade.
Pola súa banda, Anxo Quintana falou dos intercambios culturais entre os dous países, unha relación bidireccional: "Galiza mirou para América, pero América tamén mirou para Galiza, América fíxose un pouco galega", citando os exemplos de autores como Nélida Piñón. O vicepresidente da Xunta defendeu que o noso país debe ter un papel fundamental como ponte cultural entre Europa e América. Para Quintana, a presenza de Galiza na Habana é "un exercicio de autoestima" e unha maneira de existir no mundo globalizado dende a identidade propia, a única fórma posíbel.
Aúpa a Feira da Habana ca nosa Cultura!
Si, si, é que vivan os nosos amigos, que son os que van.
O que nom vexo bem dalgúns políticos nacionalistas galegos é que pensem que temos mais a ver com Cuba que com outros paises latinoamericanos (como por exemplo Brasil, com o que compartimos o nosso sistema linguístico).
Nas teses do BNG fala-se de aumentar o relacionamento com Portugal e Brasil, mas nom se leva à práctica e nom entendo a causa. Prefirem ir a Cuba. Acho, que falta um pouco de coerência entre a teoria e a praxe.
Serán os seus.
Ten importancia Cuba -porqué o sr. Fraga daquela presidente Xunta paseóuse por alá e mandou centos de paquetiños caritativos?- na emigración galega, e por moitos motivos.
É históricamente falso eso de Cuba. No bng, o seu principal portavoce histórico o sr. Beiras, clamorosamente nunca foi ata hai non sei si 3 ou 4 anos, tanto tardou en ir por alí. E non sei si o sherif Paco Rodriguez terá ido siquiera. Así que de eso nada.
O que vostede pode apontar ben, é que a necesaria intensificación ca área lusófona (Brasil, Portugal, etc.) non está sendo levada a efecto, etc., e contén neso toda a razón, mais ningunha na de Cuba.
Cuba ten un interese distinto, de alcance, o que xa é de por sí, de abondo.
A ver...
Guste Cuba ou non guste Cuba, a importancia do asunto é que o noso país é invitado por vez primeira nunha Feira Internacional do Libro. Segundo se lles puido entender aos responsables de Cultura, entenden a presenza nesta Feira como cando os alpinistas chantan un campamento base, é dicir que despois de Cuba intentarán escalar ouros cumes... ser país convidado en Guadalajara, Frankfurt, etc. Para min o máis interesante é que se comeza a vender fóra a nosa cultura e o noso país. Noraboa e moito éxito
Ola, quería facer un inciso nesta noticia:
Señores de vieiros, esta noticia está mal redactada, inconpleta ou boicoteada... porque recordolle que tralo concurso de apologhit o premio era a presenza do gañador na feira do libro, neste caso SACHA NA HORTA, e aquí non sae nas intervencións dos grupos participantes, cando o 16 e 17 de febreiro estarán tocando na Habana.
Creo que tamén teñen o mesmo recoñecemento que marful, xabier diaz, ou o mesmo Pablo Milanés...polo tanto non entendo como non saen na noticia.Gosto de que se nomee ca mesma importancia que o resto dos participantes.