Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Paquistán

A ex primeira ministra paquistaní Benazir Bhutto morre en atentado suicida

Acababa de intervir nun mitin da súa formación, en Rawalpindi, ao sur de Islamabad. Outras vinte persoas finaron no mesmo ataque.

Redacción - 14:55 27/12/2007

Segundo informan as principais axencias de noticias internacionais, a ex primeira ministra paquistaní Benazir Bhutto morreu esta quinta feira como consecuencia das feridas sufridas nun atentado suicida perpetrado na localidade de Rawalpindi, ao sur da capital de Paquistán, Islamabad.

Bhutto acababa de intervir nun mitin da súa formación, o Partido Popular de Paquistán (PPP), cando recibiu un disparo  na cabeza e outro no pescozo, efectuados por un descoñecido que despois se suicidou cunha explosión. Wasif Ali Khan, un dos membros do PPP que se desprazou ao Hospital Xeral de Rawalpindi, onde estaba a ser operada, confirmou que Bhutto "ás 6.16 (hora local), expirou".

O conselleiro de Seguridade de Bhutto, Rehman Malik, queixouse de que xa lle pediran en varias ocasións ao Goberno que lle proporcionase seguridade á ex primeira ministra, pero que o executivo non lles fixo caso.

Unhas vinte persoas finaron no mesmo atentado e outras moitas resultaron feridas de diversa consideración. Bhutto participaba nun acto político de cara ás eleccións previstas para xaneiro. Xa fora primeira ministra do país en dúas ocasións. No mes de outubro sobreviviu a un ataque suicida na cidade de Karachi, o mesmo día que regresaba á vida pública. Daquela morreron 134 persoas. Bhutto culpou do atentado a extremistas islámicos.

O seu rival político e tamén ex primeiro ministro Nawaz Sharif declarou á BBC que o atentado foi unha traxedia "para toda a nación". O asasinato xa está a provocar a resposta masiva dos seguidores de Benazir Bhutto.

Poden ampliar a información na web da BBC ou en The New York Times.


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

Barcelos #1 27/Decembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os fundamentalistas ademais de ser uns asasinos, son uns auténticos machistas. O que matou a Bhutto é un auténtico puto.

Atlantico #2 27/Decembro/2007 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non creo que fosen "fundamentalistas". A Benazir era a candidato de EEUU para presidenta de Pakistan, esto non lle debeu gustar o actual, a Pervez Musfarraf, que era o titere que tiñan antes en Pakistan, e que se rebelou.

baltar69 #3 28/Decembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cando eeuu se decata que o seu títere musharraf ten unha contestación social tan grande que sen duda será barrido nunhas eleccións abertas, por moito amañe que se intente, úrdese a volta da exprimeira ministra do seu retiro dorado na city británica na consabida maniobra de divide e vencerás que tan bó resultado ten dado a occidente na zona.
dun plumazo as condenas por abuso de autoridade, despotismo e corrupción da filla de alí bhutto son conmutadas cun indulto apresurado ( nunha manobra a todas luces ilegal que xa quixeran para sí os do eixo ) e os antaño enemigos declarados firman unha pax americana para, entre ambos, gobernar metendo en cintura ós 160 millóns de habitantes do único enclave musulmán dotado de poder atómico do planeta ( facilitado por occidente como contrapeso a preponderancia da india na rexión ) e ser os cans de cheney e compañías nese lugar tan quente da xeografía mundana.
como é obvio, as faccións máis nacionalistas e partidarias dunha independencia real do país, urdido como cuña polas potencias cando tocou desmantelar o imperio de ultramar, que tanto levan loitado e sufrido persecución política por parte dos gobernos títeres dos intereses occidentais ( e todo eso sen que ningunha damisela de converxencia i unió correse a sentarse con pancartillas e camisiña branca nalgunha escaleira da capital ), o decatarse da orquestada traición da dama deciden que ahora ela é tamén a súa enemiga e optan por actuar en consecuencia.
hasta ahí a teoría, a solfa. pero a execución de tamaña obra pode ter moitos directores e non me atrevería eu a sinalalos de momento. anque pareza que con esta morte ( e habida conta da nula capacidade do partido da difunta para sobrelevar a falta da mesma )se torcen os designios occidentais que se cernían sobre o país, haberá que estar atento o resultado electoral de xaneiro par poder valorar a entidade real dos feitos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: