Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A OPERACIÓN SEGUE ABERTA

A Garda Civil confirma que son tres os detidos por portar un artefacto explosivo

Dous mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos foron sorprendidos en Portosín cunha bomba no maleteiro dun vehículo e outro foi arrestado horas despois.

Redacción - 13:12 14/12/2007

A Garda Civil confirmou que, tal e como aseguraban dende Ceivar, hai xa tres mozos detidos acusados de intentar colocar un artefacto explosivo en Portosín. Segundo fontes oficiais, os mozos, que terían idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, están a prestar declaración.

As primeiras informacións apuntan a que os dous primeiros arrestados son veciños de Santiago de Compostela e que foron soprendidos por unha patrulla da Garda Civil cun artefacto no maleteiro do vehículo no que viaxaban. Algunhas fontes cren que preparaban un atentado contra unha caseta dunha axencia inmobiliaria. A terceira detención produciuse a primeiras horas da mañá deste venres. Os axentes cren que o último arrestado está relacionado co caso.

As familias e os letrados dos tres detidos están intentando poñerse en contacto con eles. Porén, crese que as autoridades van aplicar as leis especiais que permiten manter incomunicados aos arrestados por este tipo de delitos até un máximo de cinco días.

Anteriores:


3,11/5 (18 votos)


Comentarios (13)

guillerme #1 14/Decembro/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva RESISTENCIA GALEGA! Viva Galiza e morte aos seus inimigos!

Jatopardo #2 14/Decembro/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que supostamente iban romper unha caseta dunha inmobiliaria están presos. ¿E os que esnaquizaron de forma imperdoable a vila de Portosín e a enterraron baixo miles de toneladas de formigón non van ser investigados?

Portosín antes tiña catro praias: a da Romera, a do Mariño, a do Muelle e a de Coira. Na actualidade, as tres primeiras foron completamente enterradas baixo paseos marítimos, detrás dos cales, fixeron filas e filas de edificios.

Agora só queda parte dunha praia, a de Coira, repito, parte, porque a metade tamén está soterrada baixo un paseo marítimo.

Ante isto ninguén ten nada que dicir?

Os chavales que iban poñer unha bomba certamente colleron o camiño equivocado, pero coño, nesta terra algunhas inmobiliarias campan como Pedro por su casa e ninguén lles fai cumplir a lei.

A xustiza debe ser para todos, non só para algúns.

Garrano #3 14/Decembro/2007 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con Jatopardo. Estes colleron o camiño trabucado, mais coa impotencia que sentimos moitos a verdade é que non me sorprende.

Atlantico #4 14/Decembro/2007 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con dezaoito anos dubido que sexan responsables dos seus actos, o problema é outro, Ameijeiras e a súa policia non detiveron os da RG, e agora collen rapaces con petardos "de mucha potencia", para enmascarar o seu fracaso.

Independente #5 14/Decembro/2007 Independente
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordando coas motivacións, cal é o camiño non equivocado?

bertus #6 15/Decembro/2007 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As "leis especias", que di a noticia que "crese" que lle van a aplicar, son as "especias" pra terroristas? Se isto é así cómpre botarlle outro ollo o artigo de Dani Álvarez, "Preocupan os neonazis?". http://www.vieiros.com/opinion...

OBSERVADOR #7 15/Decembro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E como sabe a polícia que essas pessoas tinham um explosivo no seu carro?

E em que democracia se pode ter a uma pessoa incomunicada 5 dias???

bertus #8 15/Decembro/2007 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai incoherencias na aplicación do dereito. Pódese dicir que pode ser agravante o cobrar imposto revolucinario mediante ameazas (como me rebatían o outro día sinalándo unha diferencia cos neonazis), pero estes homes, e uxio e xiana, cómo poden ser xulgados como terroristas e, sen embargo, os crimes de sangue dos neonazis non?

Jatopardo #9 15/Decembro/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Independente (5), ¿estasmes a preguntar se penso que a xustiza e os partidos políticos van facer algo por parar esta desfeita? a miña resposta é non. Tiña algunha esperanza no BNG, pero agora que están no poder, e vendo como desde a Xunta están a promover parques eólicos a mansalva, instalacións acuícolas, legalizando canteiras a granel, desfacendo o Courel, que non se tirou nin un só edificio ilegal... teño que recoñecer que tampouco espero nada do BNG.

A situación é de bastante pesimismo, non vou negalo.

ecoe #10 15/Decembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non están nin quedan en boas mans para que lle apliquen a "antiterrorista", hanlle aplicar máis cousas e, impepinablemente, xa teremos ocasión de ver de novo condenado o €$tado €$pañol polo "dereito" que aplica no cárcere, nas comisarías e nos cuarteis, mais sin lles importar absolutamente nada ós axentes da Xustiza (xuízes, fiscais, etc.) nin da politiquiña (nunca no €$tado $pañol se poido practicar con maúsculas).

A respeito do Guantánamo €$pañol topei onte un moi bó artigo de Antonio Álvarez Solís no gara titulado "El problema de la Libertad".

ecoe #11 15/Decembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben xustiza tampouco con maúsculas, dende logo

Garrano #12 15/Decembro/2007 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Independente, eu non teño unha bariña máxica que solucione este problema, mais por mil petardos que se poñan na costa non imos parar o urbanismo salvaxe nin o blanqueo do narcotráfico que está en moitos cass detrás da especulación urbanística.

Eu entendo que o problema parte de non ter máis apostas efectivas no ámbito sociopolítico desavencelladas doutras apostas digámos "máis prgmáticas" que a hora da verdade sempre están aí e acaban por condicionar a efectividade dos movementos sociais. Hai unha opinión pública maioritaria na nosa sociedade que olla impotente a destrucción do pais e agarda desesperadamente respotas por parte dos partidos aos que votou. Vemos como o BNG se distancia e divorcia cada dia máis desa mas crítica que é mesma que deu sustancia a Nunca Máis. Vemos como o PSOE utiliza habilmente pequenas accións propagantisticas e propaganda institucional para que todo siga igual e non cambie nada. Vemos como non hai nada que xurda pola esquerda, lonxe de compromisos institucionais ou do mercadillo electoralista, que apresente apostas decididas e radicais para lle facer frente a desastre. O de GZ non se vende pode chegar a ser, podería ser, só falta ver se teñen o que hai que ter, para ser máis contundentes e efectivos do que as bombas. Eu emepezaría concentrandome con faixas de protesta periodicamente diante das inmobiliarias, pode parecer estupido mais cómpre aportar ideas.

Gaviotero #13 17/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si les meten un buen paquete a los 3 TERRORISTAS detenidos ayer. Que les caiga todo el peso de la ley y que cuando salgan con 40 añitos de la cárcel se replanteen si poniendo bombas y matando gente es como se logran las cosas.

Lástima no tener cadena pepetua para estos 3 aprendices de gilipollas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: