Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A SENTENZA MARCA UN IMPORTANTE PRECEDENTE

Un xulgado da Estrada desestima a denuncia da familia dun ex alcalde franquista contra un historiador

O tribunal considera que os textos de Dionisio Pereira sobre a represión en Cerdedo logo do golpe militar de 1936 están debidamente documentados.

R.V. - 19:26 12/12/2007

O Xulgado de Primeira Instancia da Estrada acaba de desestimar a denuncia que a familia dun ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres, presentara contra o historiador Dionisio Pereira. Os descendentes do rexedor consideraban que un estudo do autor sobre a represión en Terra de Montes constituía un atentado contra a honra do que fora tamén xefe da Falanxe na localidade.

No controvertido texto, Dionisio Pereira aporta datos que vinculan ao ex alcalde coa violenta represión que se produciu na comarca logo do golpe militar de 1936. Xa durante o propio xuízo celebrado o pasado día 2 de outubro, o fiscal sinalou que non vía motivos para a demanda civil. Agora, o xulgado ratifica aquela opinión.

Segundo lle explicou a Vieiros a avogada do historiador, Jacoba Millán, a familia ten de prazo até o xoves da vindeira semana para presentar recurso diante da Audiencia Provincial. Sexa como for, a propia letrada lembraba que se trataba dunha sentenza importante polo precedente que senta en Galiza. Ademais subliñou que queda probado que o autor tiña fontes sólidas que apoiaban o seu estudo.

Vídeo do xuízo celebrado o pasado 2 de outubro:


4,95/5 (22 votos)


Comentarios (4)

AGIL #1 12/Decembro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns!!! Primeiro, ao indignamente acusado. A seguir, a todos nós: Parece que não é tão grave conhecer o que aconteceu há anos nem dar nomes a apelidos dos indivíduos que então desempenhavam funções públicas, as que forem.
Que pretendiam esses familiares? O bom nome dum mau homem? Cada um é filho das suas obras (isto mesmo o disse José Antonio, el primo de la rivera...)

outrolector #2 13/Decembro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PArabens tamén!! Unha moi boa nova!
Animo ao autor a publicar ese estudo. A miña xeración e a dos meus fillos temos, como aparece no cartaz, dereito a saber. A xeración dos meus pais tamén, pero agora xa van vellos e xa bastante tiveron con vivir a vergoña do golpe do 36 e do franquismo, uns sabendo algo máis, e outros algo menos, do que pasaba.

ecoe #3 13/Decembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os estudios sobre a represión do Franquismo contra a población non son polémicos, como di o texto, pois os historiadores, como o resto de centíficos, operan no seu caso cas metodoloxías axeitadas á investigación histórica.

O que ocorre é que, lóxicamente, os asasinos non deixaron proba algunha -algunha sí, pois sempre hai quen lembra ver a quenes viñeran buscar ás víctimas á casa, ou quenes sentían e miraban chegar a altas horas da madrugada a certos viciños, etc.-. Mais dificil en xeral sería dicir quenes ían a San Simón facer as sacas ou ós cárceres mesmo improvisados.

Encargados os asasinos de non deixar rastro ningún, e fóra de contrastes de varias fontes, cando é posible, que sinalen a personas concretas implicadas, son ben coñecidos xa a nível galego os reducidos grupos sociopolíticos que tomaban parte activa directa nas actividades de represión, polo que de ese restrinxido entorno formaban parte os mentores e directores "intelectuais" que confeccionaban listaxes que un subgrupo estricto de "plural" composición -cívicos/caballeros ou outros nomes locais + falanxistas (os máis xóvenes ían á fronte de guerra) + elementos militares da garda civil- realizaba a operación, non sin que utilizaran en ocasións mesmo brutais e sanguinarios elementos do lumpen para cometidos máis degradantes ainda que o propio asasinato.

Elementos destacados de empresarios e comerciantes (patronal) da época, mesmo xóvenes "intelectuais" que máis tarde adquiriron notoriedade, e discrecionalmente algún outro colectivo socioeconómico segundo as localidades, tomaron parte activa nos variados cometidos da represión desde o Franquismo. Eran o franquismo socioeconómico.

As familias afectadas polos asasinatos e polas represións moi variadas qsue sufriron ó longo de toda a vida -sempre en "sospeita"- nunca se viron resarcidas do sufrimento, pois nunca o €$tado €$pañol condenou -en forma política e social- aqueles feitos, por eso seguen a conservar o medo a dicir e falar, en absoluta e abourante lóxica.

As familias dos represores, xeralmente moi coñecidas por ter prosperado axeitadamente, mesmo de antes do Franquismo, non poden pretender prolongar o silencio "de cementerio" como pretenderon os seus devanceiros cos asasinatos e a borrada de calquer tipo de indicio acusatorio nun futuro, sempre incerto.

O básico da represión do Franquismo na Galiza, -onde, como noutras partes, non tivemos guerra civil, senón golpismo antidemocrático e fascista que abreu inusitadamente a represión e asasinato, a caza Humana, como o facía na altura o nazifascismo hitleriano e musoliniano- está publicado pioneiramente nas actas do I Congreso da Memoria de Narón (2003) pola asociación Memoria Histórica Democrática, lugar onde a familia denunciante do Dionisio tomou os datos relativos ó seu familiar.

Pedrel #4 13/Decembro/2007 Pedrel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Parabéns!Dionisio. A Galiza vai medrando tamén nos eidos da memoria e da experiencia. A xente da Terra de Montes chea de ledicia polo teu traballo e pola sentencia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: