Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGURIDADE

A UGC estima que a futura Policía Galega precisará de 1.200 axentes de Tráfico

A asociación de gardas civís apoia a transferencia de competencias a Galiza sempre que se reoloquen os axentes actuais no novo corpo.

Redacción - 14:20 05/12/2007
A UGC di que hai que reciclar os 900 gardas civís de Tráfico

A UGC di que hai que reciclar os 900 gardas civís de Tráfico

Unha das asociacións maioritarias da Garda Civil en Galiza, a Unión de Gardas Civís, mostrou este mércores o seu apoio a que a futura Policía Galega asuma as competencias plenas en materia de seguridades vial. Porén, a UGC condiciona a súa postura a que se incorporen ao novo corpo policial os actuais axentes da Garda Civil de Tráfico. Dende a UGC critican a xestión que fai o goberno español en materia de Tráfico e como exemplo puxeron os malos datos en canto a sinistralidade viaria que se dan en Galiza. O colectivo defende a necesidade de políticas específicas pensadas para o noso país nesta materia.

O presidente da asociación, Manuel Mato, defendeu a necesidade de “aproveitar a experiencia e formación” dos 900 axentes da Garda Civil de Tráfico que están destinados no noso país, que segundo explicou son galegos ou xa teñen lazos familiares en Galiza. Dende a UGC estiman que para un correcto funcionamento do servizo son precisos 1.200 axentes.

Críticas ao alcalde de Lalín
Os responsábeis da UGC aproveitaron a conferencia de prensa para censurar a actitude do alcalde de Lalín, Xosé Crespo. Dende a asociación coidan que o rexedor lalinense criticou hai poucas semanas o traballo dos axentes de Tráfico por unha cuestión meramente persoal, xa que tanto el coma outro edil do municipio teñen numerosas denuncias por falar co móbil.


4,5/5 (4 votos)


Comentarios (6)

breixoak #1 5/Decembro/2007 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os funcionarios teñen todos un sentido do corporativismo de carallo. É dicir, a policía autonómica está ben sempre e cando recoloquen aos nosos. Non teño nada en contra pero semella pouco serio

Gaviotero #2 5/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estos de la UGC son los que aspiran a forrarse con el cotarro autonómico...

Roi_Batti #3 6/Decembro/2007 Roi_Batti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pasar de cobrar 1100 a 1400 non é forrarse, home.
Forrarvos é o que queredes os chovinistas-liberais coma ti, gaviotero, que pretendes que se vos organice unha vida +/- liberal con cartos dos impostos de todos.
Xa sei quen eres.

Barcelos #4 7/Decembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non entendo como o presidente da asociación de Gardas Civís de Tráfico pódese chamar Manuel "Mato".

E logo queren que non haxa accidentes.

xacataca #5 8/Decembro/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira que es parvo, Barcelos, pero parvo parvo.

Barcelos #6 8/Decembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5 Tampouco hai que esaxerar. Son parvo, pero non máis que ti.

Vese que es un home serio. Se cadra demasiado, e se non cadra demasiado pouco.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: