Os ecoloxistas critican que a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación, de maioría estatal, vaille garantir ao grupo empresarial unha "póliza por riscos políticos".
O Observatorio da Débeda na Globalización e Ecoloxistas en Acción solicitaron que fronte á posibilidade de afrontar ese proxecto, a Compañía Estatal de Seguros de Crédito á Exportación, CESCE, fixese pública a información correspondente sobre o polémico proxecto de ENCE, unha iniciativa considerada "de alto risco ambiental".
O goberno español conta coa maioría do capital da CESCE, o 50,25%, e a aprobación desta operación realizaríase polo propio presidente do executivo e a través do Ministerio de Industria. De seguir adiante, o Estado español sería corresponsábel dos danos ambientais e do impacto socioeconómico negativo que no seu caso esta actividade empresarial cause na zona.
Os activistas denuncian que a CESCE se negou a entregar a documentación correspondente, o Estudo de Impacto Ambiental, malia que xa pasou o prazo legal dun mes desde a solicitude. Advirten de que a documentación interna da entidade nin sequera fai referencia á existencia dese informe ambiental e simplemente se refiren a unha avaliación dun organismo vencellado ao Banco Mundial para un proxecto anterior. "A opinión pública ten dereito a coñecer a información solicitada", subliñan, criticando a "barreira ilexítima e arbitraria" imposta pola compañía.
Como vede, o Estado español interven como mediador porque ten intereses detras da súa actuación. Non é dun xeito tan simplista no que debemos analizar a Cumbre de Santiago de Chile. Houbo alí moito trasfondo económico. Unha outra vez, o interese colonialista do Estado español representado no século XXI nos "adiantados" e "vicereis" presidentes de compañías españolas que explotan o continente.
Máis ético sería declarar, abertamente, os intereses e contubernios existentes entre as empresas españolas que explotan os recursos americanos e os gobernos locais.
Os corruptos son tanto os que pactan desde eses gobernos como os que aceptan pactar. Certamente, moitos dirán que o capital non ten alma. Pois entón, a aturar as consecuencias que provoca nos latinoamericanos que a "madre patria" sexa unha nai tan pouco caritativa e tan interesada.
Las relaciones internacionales de todos los paises son relaciones comerciales y el que crea otra cosa que cambie el chip, pues hasta la ayauda son por intercambios comerciales
Moi ben, todos a pagar impostos para que o gran capital asociado en ENCE non sufra o acoso da lei dos países onde se fuga (diciamos sempre fuga de capitais, pois aquí tampouco poden seguir emporcando). Non se esquezan de lembrar que facenda semos todos!
Somos todos os que menos temos na sociedade!
Van atender, a nosa Sanidade, os cancros que causen os seus (de ENCE) furanos e dioxinas? Transvasar augas limpas para as cuncas emporcadas?
Todo para que "o noso capital" versus "€$paña" (eso dicían ó unísono tódolos medios e Tvs. na febre monárquica de hai uns días) non sexa nin abucheada nin perseguida?
E ademáis csos nos cartos! (qué grande INVERSIÓN)!
Home, que gran idea! E por que a Industria non lle cobre unha póliza política desas a Tojeiro e a Cupire-Padesa? Así xa tratarían aos galegos como unha colonia, o mesmiño que o Estado Español fai co Uruguai no tema da papeleira de ENCE...