Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Estudos do IGAEM

O sector escénico do país está conformado por 112 compañías

O informe "Diagnose das Artes Escénicas de Galiza" determina a situación actual das empresas de espectáculos de teatro, danza e maxia do noso país.

Redacción - 09:30 26/10/2007

Un total de 112 compañías profesionais conforman o programa do panorama de espectáculos culturais existentes en Galiza. Segundo este informe, realizado polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), 81 delas dedícanse ao xénero teatral de actor, outras 11 a títeres, 9 a danza e 22 máis á maxia.

A análise do sector, determina que a maioría destas compañías están rexistradas xuridicamente coma sociedade limitada, teñen unha media de menos de cinco asalariados e facturan menos de 100.000 euros ao ano. Na maioría dos casos, son colectivos formados por un director, que se rodea de actores e actrices. Serían eles mesmos os que se encargarían das labores de creación artística, produción e distribución.

O traballo tamén abordou o espiñoso tema da distribución de espectáculos, un dos puntos febles do teatro galego. Neste senso, saíron á luz necesidades como a de planificar mellor os espectáculos, axustar os custes de produción e a previsión de vendas, ou evitar o exceso de oferta.

Feira Galega das Artes Escénicas
Aproveitando a celebración da Feira Galega de Artes Escénicas, que se desenvolve en Compostela até o vindeiro día 27, o IGAEM e a Consellaría de Cultura e Deporte presentaron este informe, realizado pola consultora Proxectos. O documento completo, no que se achegan datos sobre os espazos culturais existentes, o tecido produtivo e laboral ou a demanda, entre outros aspectos, será publicado en novembro.


3/5 (2 votos)


Comentarios (1)

ecoe #1 26/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cómo é posible que un excelente espectáculo -como Don García, en que o actor principal borda o papel, e a escenificación é simple e completísima- p.e. non se ensinase en Pontevedra?

Non están coordinados os centros culturais nin os das SETE cidades principais, para pasar polo menos as obras teatrais dos millores grupos galegos, que por outo lado son efímeras, esto é, case irrepetíveis?

Realmente a Cultura é perigosa!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete