Con todo, a porcentaxe é menor cá media estatal. Cruzando datos do INE e do IRPF, ao fisco sáelle que a Costa da Morte é a zona con máis alugueiros ilegais.
Aproveitando as datas, o Ministerio de Economía e Facenda advirte da elevada porcentaxe de alugueiros ilegais que está detectando nas áreas costeiras. No caso de Galiza, Facenda atopou, peneirando datos de 2004, que un total de 24.851 alugueiros da Costa da Morte non están regularizados, fronte a 45.826 que si foron declarados. No caso das Rías Altas, son 4.713 vivendas sen declarar fronte a 8.690 declaradas. E polo que lle toca ás Rías Baixas, a cifra chega a 16.285 alugueiros pagados en negro fronte a 30.030 polo legal.
Xa que logo, os técnicos de Facenda atoparon que os alugueiros ilegais no litoral suman até o 54,23% do total en Galiza, fronte a unha media estatal dun 66% de acordos de alugueiro irregulares. En total, 45.849 pagamentos en negro fronte a 84.546 vivendas arrendadas polo legal e declaradas no IRPF. No conxunto do Estado e en áreas costeiras son 650 mil os alugueiros ocultos, fronte a 987 mil legais. Con 521 millóns de euros anuais estimados, Cataluña lidera a clasificación en canto a rendas non declaradas en zona de costa.
A redacçom desta notícia é absolutamento confusa, a começar polo título. Nom som os alugueiros ou inquilinos os que estám sem declarar, mas os arrendamentos. A obrigaçom de declarar é do proprietário ou arrendador e nunca do inquilino, arrendatário ou alugueiro.
O inquilino (alugueiro) nom tem qualquer obrigaçom de declarar que vive em regime de arrendamento, portanto nom se encontra em situaçom ilegal se nom o fai, como se afirma na redacçom desta notícia, onde repetidas vezes se fala de «alugueiros ilegais».
Os números que se dam nom som menos confusos. Diz-se que 24851 arrendamentos ilegais na Costa da Morte representam 54,23% do total do País, e, misturando alhos e bugalhos, esta percentagem é comparada com 66% de arrendamentos ilegais no Estado (comparam-se, portanto, os arrendamentos ilegais numha comarca face aos arrendamentos ilegais na Galiza com os arrendamentos ilegais no Estado face a todos os arrendamentos, legais e ilegais, também no Estado).
Para acrescentar a confusom, esta percentagem do Estado, 66%, é contraditória com o que se afirma a seguir: 650000 ilegais face a 987000 legais (portanto, 39,71%!) no Estado.
Nada mais incompreensível.
Coido que te equivocas. Penso que a expresión "alugueiro" refírese tamén á acción de alugar e á cantidade que se paga.
Se Facenda ten istos datos claros, non entendo como non se pon a traballar a reo para levantar as correspondentes actas de defraudación. Ei de supoñer que son moi abultados e imprecisos e non estean ben fundamentados. Se foron acadados polas vivendas valeiras, unhas estarán en réxime de aluguer e outras non; e se os datos estan baseados polos titulares que figuran no correspondente recibo do imposto sobre os bens inmobles, tampouco son fiables por estaren as máis veces con nomes de persoas xa finadas.
De tódolos xeitos, se alguén sabe como fixo o fisco para dar a coñecer istos datos tan exactos, que mo diga.
Tampouco declaran: Os mariscadores furtivos, a familia Real, "Aquí hay tomate", Julian Muñoz, A Pantoja, o Solitario, etc.
Quen cobra as rendas no "xerais" din alugueiro, como palabra relativa a quen pon o aluguer. En portugués din, mais lóxicamente, alugador.
O cruzamento de datos co INE para que é, para que as xentes que colaboren poñan en custionamento a confidencialidade e os fins dos datos que ofrecen desinteresadamente?
Vaia barbaridades que fai o €$tado! Non son de estranar os corportamentos das xentes en xeral en canto ás corrupcións: só poden desexar ocupar un lugar! Vaia exempros!
O das contas ocultas de Facenda xa é un lugar común, eu diría constituínte!
Touriño, haz el contrato, rápido, que te van a pillar!!!
PD: En el interior aún debe haber más...:)