Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTRÉASE EN CINCO IDIOMAS

Nace o portal en Internet do Estado da Cidade do Vaticano

Xa se pode visitar na rede o estado máis pequeno do mundo, que acolle á Santa Sé, cos seus museos, xardíns e ata tendas

Redacción - 14:10 20/07/2007

A páxina web www.vaticanstate.va complementa deste xeito a outra canle telemática oficial da Santa Sé, www.vatican.va.

Un comunicado distribuído para anunciar o lanzamento do portal explica que a iniciativa xurdiu para responder «á presenza cada vez máis numerosa de peregrinos e turistas no Vaticano e á continua petición de información que chega ás Oficinas do Estado a través das canles tradicionais».

Realizada en cinco idiomas --español, italiano, inglés, francés, alemán, e pronto en portugués--, a páxina web presenta a través das súas cinco seccións («Estado e goberno», «Servizos», «Outras institucións», «Monumentos», «Tenda») os organismos do Estado, horarios, e ata videos.

O portal está cheo de curiosidades, como a webcam en tempo real que permite visitar lugares particulares, como a tumba de Xoán Paulo II, ou unha galería fotográfica sobre os coches dos papas.

«Nun futuro», anuncia o comunicado, o sitio ofrecerá tamén «a posibilidade de comprar os selos do Vaticano», moi apreciados polos coleccionistas, así como «artigos e reproducións dos Museos Vaticanos».


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: