A muller figurou na lista que os conservadores presentaron no municipio de Muskiz
“Non asinei ningún permiso, non enviei ningunha fotocopia do meu carné, pero recibín unha carta de agradecemento e unha copia da candidatura onde estaba o meu nome”, así recolle La Voz de Galicia a sorpresa da veciña do Grove, que se presentou sen sabelo como candidata no municipio de Muskiz. A gravidade dos feitos pode acabar nun proceso penal.
Mais este non é o primeiro caso, o mesmo xornal tamén denunciou esta semana que outra muller do mesmo municipio tamén foi incluida na lista de voluntarios a presentarse polo PP de Euskadi, aínda que non chegou finalmente a figurar nas listas. As dúas afectadas teñen en común que traballaron no Concello do Grove cando aínda gobernaba o PP.
Outra arroutada mais deste partido q se acredita democrático.
Como era o que diciar polo decreto do galego no ensino.... ah si, liberdade de elección... no idioma para falar sempre que sexa na dirección de español fronte ao galego.
Pero claro, os galegos estamos obrigados se asi o decide a dirección do PP de onde for, deberemos presentarnos firmes (AR!!) nas listas do PP de Euzkadi. Haí non hai liberdade de elección, por suposto!!, faltaria máis!!.
E o NORMAL SHEÑORESH, diría Mariano Rajoy. E iso que Jimenez Losantos chámao "Maricomplejines", como será o día que o chame "Marianocondos...!
Gavioterooooooooooooo. ¿onde estás?
Nas Cies, que hai mala mar e non pode vir escribir. Pobriño, que non pase moito frio....