A colaboración da Xunta co goberno castelán-leonés estenderá a esta etapa o proxecto de promoción do ensino do galego que xa funcionaba até a ESO.
A Consejería de Educación da Junta de Castela e León publicou este xoves no seu boletín oficial a orde onde se amarra o protocolo de colaboración asinado coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Estabelécense dúas materias optativas, Lingua e Cultura Galega I e Lingua e Cultura Galega II, deseñadas para fornecer a capacidade para usar de forma oral e escrita a lingua galega, ler e comprender textos, coñecer os aspectos fundamentais do medio sociocultural propio da lingua galega e "conseguir unha mellor comunicación, comprensión e interpretación da diversidade cultural existente no Bierzo e en Sanabria".
Deste xeito, no curso 2007-2008, terá continuidade o programa de lingua galega fixado para a etapa do Ensino Secundario Obrigatorio, e o alumnado dos institutos dos territorios limítrofes con Galiza poderá optar tamén no treito educativo seguinte, o Bacharelato, á materia optativa de Lingua e Cultura Galega.
E cando será posible algo así en Asturias?
En Asturias, endexamais. Na comarca do Eo-Navia, cando GZ sexa un Estado independente.
A necesidade da colaboración entre as autoridades lingüísticas das CCAA ás que se estende o territorio propio do galego ou de calquera outra lingua é indiscutíbel.
A declaración da oficialidade da lingua galega en todo o seu territorio propio é unha esixencia constitucional que obriga ós poderes estatuíntes das CCAA ás que se estenda o territorio propio do galego.
A obriga de especial respecto e protección que recae constitucionalmente sobre as modalidades lingüísticas de España, xunto co valor, principio e dereito fundamental á igualdade e prohibición de discriminación por mor de lingua esixe que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso normal, xeral ou habitual dese territorio; sen prexuízo de usar linguas alleas, sobre todo para evitar a discriminación por mor de lingua que eventualmente se pode producir polo descoñecemento da lingua propia do territorio.
Curiosamente, en una comunidad gobernada por el Partido Popular sí se puede pero en una gobernada por el Partido Socialista no.
La razón es simple. El Partido Popular apuesta por la libertad frente al PSOE. Pero libertad para todos. Para aprender gallego en el Bierzo pero por supuesto para aprender o en gallego o en castellano en Galicia.