Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel trasacordo dos populares

O PPdeG estuda retirarlle o apoio ao decreto sobre o galego

"É a primeira vez que o PP racha co Plan de Normalización Linguüística", laiouse este xoves o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no mesmo día en que o Consello aprobase o decreto sobre o galego no ensino.

Redacción - 13:51 28/06/2007

"É o PP quen debe explicar a que se debe, que lle pasa internamente, que cambios hai e por que deciden isto", explicou Pérez Touriño. O presidente lembrou que "na normativa do Plan de Normalización Lingüística non hai ningún cambio respecto ao acordado até o de agora". Touriño afirmou non querer "caer na tentación de facer unha interpretación política" sobre as razóns do PPdeG para rachar o consenso.

Desde o PPdeG non dan aínda por roto o consenso. Ao respecto o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, explicou que o Goberno lles enviou a primeira hora deste xoves o documento co decreto que o Consello da Xunta aprobaría horas despois. Segundo Feijoo, o PPdeG estudo os presuntos cambios realizados pola Xunta sobre o acordado polos tres grupos parlamentarios. O líder dos populares considera que o executivo non respondeu ás recomendacións do Consello Consultivo "sobre a necesidade de garantir o dominio e o equilibrio das dúas linguas". Xa que logo, en breve o PPdeG podería confirmar que lle retira o apoio ao decreto.

Xuntan 18 mil sinaturas contra a presenza do galego no ensino
O trasacordo do PPdeG coincide coa belixerante campaña posta en marcha pola plataforma Tan gallego como el gallego. Este colectivo anunciara esta semana que para o próximo venres 29 ten previsto entregar na sede central da Xunta 18 mil sinaturas contra o novo decreto de galeguización do ensino. O colectivo oponse a que o idioma do país teña garantido, como mínimo, as mesmas horas lectivas ca o castelán.

A plataforma asegura ter recibido “insultos e ameazas” durante a recollida de sinaturas. De feito, afirman que denunciaron legalmente ataques informáticos contra a súa web. Porén, anuncian que van seguir na súa teima porque son “persoas normais que non queren que a Xunta as normalice”.


1,2/5 (10 votos)


Comentarios (19)

Fer #1 28/Xuño/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coincidência?

candemor #2 28/Xuño/2007 candemor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moito me temo que non sexa coincidencia...

herculino #3 28/Xuño/2007 herculino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha vergonza, algunha excusa tiñan que buscar

serbia #4 28/Xuño/2007 serbia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

recuarán

moledo #5 28/Xuño/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu estou contente com esta saida do armário do PP, afinal cadaquém é o que é. Os netos dos ganhadores do 39 jogando coas cartas acima da mesa. Sabemos a quem temos.

xacataca #6 28/Xuño/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

estou dacordo con moledo

cada un no seu sitio, xa está ben tanta historia de que o PPdeG son galeguistas ... galeguistas do carallo

e por certo o deG de PP é un entroidada que xa empeza a feder

Barcelos #7 28/Xuño/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mellor que non se apoie o PPdeJgallega non o vaia a afundir.

Brais #8 28/Xuño/2007 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto ule a tan gallego como el que menos

Roquinho #9 28/Xuño/2007 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Triste país o noso onde se escoita a xente maior dicir que as peliculas en galego soan mal, onde se escoita a fillos de galegofalantes que non queren que ó seu fillo lle ensinen en galego porque el xa sinte como súa o castelan. A dictadura de Franco xunto cos 25 anos de democracia en mans de galeguistas do carallo, consiguiu que en Galiza a xente se sinta a gusto esquecendo a súa cultura e ainda mais con ganas de que se prohiba se é posible. Canto traballo queda para normaliza-la situación da lingua e tamén da cidadanía.

kas84 #10 28/Xuño/2007 kas84
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tan gallego como el PePe...

spider #11 28/Xuño/2007 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espero que isto provoque a definitiva escisión do PP en dúas partes, a que ten o neghocio en Galicia e a que ten o negocio en Madriz.

eugalego #12 28/Xuño/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espanhois de merda

Picheleiro #13 28/Xuño/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Arredemo. Y luego por que no nos degan hablar en castejano tranquilamente que fué lo que deprendimos en la escuela. Porque los que hablais jallejo os creeis mui modernos. Pués, que lo sepais, que agora lo moderno es hablar ingles con asento Aznar.
Canta iñorancia hai neste país. Así nos vai. Un pobo que ten a riqueza cultural coma o noso, da que deberamos estar orgullosos e ter que escoitar pantochadas coma as de "tan gallego como el gallego". Diría máis: son tan galegos como o chotis e a Porta de Alcalá.

Picheleiro #14 28/Xuño/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah. Esquecíame. Tódolos apoios que teñen, así figuran na súa páxina web son de colexios de CURAS E MONXAS. Esto tamén é casualidade?

breixoak #15 28/Xuño/2007 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PP está nunha posición difícil. Por un lado teñen que defender os postulados de Madrid e demostrar que España es una, polo outro como carallo van botar abaixo un decreto que se limita a recoller os máximos que eles mesmos aprobaron no seu día pero que nunca quixeron aplicar. Vaia papeleta.

A Spider: Por desgracia, non vexo que haxa ningunha corrente na dereita que poida actuar á marxe do que dita Génova. Incluso dubido que a poida haber algunha vez.

OBSERVADOR #16 28/Xuño/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hahahahahaha!!! Normativa de "concordia", hahahaha!!!

(rio por não chorar)

mau #17 29/Xuño/2007 mau
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hei pessoal! as coisas não mudaram nada! estamos na mesma! o futuro da língua não depende do PP nem do PSOE nem do BNG! depende de nós, os falantes. Acho que devemos cair da burra, que sem que haja um tecido social comprometido e activo não fazemos nada. O que parece que transcende é que a ninguém lhe importa o galego... e o pior, que nós somos cientes disso e assentimos. Aonde vamos assim dando esta imagem? O plano de normalización esse é de risa, já o era quando o fizeram... que o pp ameaça retirar o apoio... quando o deram? que se passa, que vão ser beligerantes a partir de agora?... nós temos o mesmo panorama... temos que somar esforços não brigar seguido entre nós e fazer coisas. Se já nos damos por derrotados... que mal andamos! Rio-me dos acomplexados esses do Gahpasho ou do chotis, ou do que for! Passo do vitimismo, eu prefiro falar cerrado!

Gaviotero #18 1/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enhorabuena al PP por defender el español como principal idioma de esta bella región española que es Galicia.

eugalego #19 2/Xullo/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, tes umha reuniom com Miguel Ángel Blanco.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: