De entre as 253 versións que existen, a Galipedia atópase no posto 37.
A Galipedia, versión galega da Wikipedia, a enciclopedia libre da internet, xa superou os 25.000 artigos en pouco máis de catro anos de andaina. Os 2.232 usuarios rexistrados e os 18 administradores están a traballar arreo para ampliar día a día, de xeito desinteresado, os contidos da web. O 23 de xuño acadouse o número 25.000 e este mércores está a piques de se chegar ao 25.100.
A wikipedia galega atópase nun moi meritorio posto 37 de entre as 253 versións que existen da enciclopedia dixital, nun nivel semellante ao grego e o croata, e por riba da wikipedia éuscara, que está no posto 47.
Encabeza a listaxe de linguas, como era de supoñer, a wikipedia en inglés, a primeira que se creou, que conta con máis de 1.800.000 artigos. Por detrás están a alemá (600.000), a francesa (517.000), a polaca (case 400.000 artigos), a xaponesa (385.000) e a italiana e neerlandesa, con algo máis de 310.000 cada unha.
A wikipedia portuguesa, no oitavo posto, con 268.000 artigos, supera a española, que é novena con menos de 250.000. Completa o top 10 a enciclopedia sueca, que ten 236.000 artigos. A partir de aí, ningunha wikipedia sobrepasa a barreira dos 200.000.
Tendo wikipedia en portugués para que caralho queremos unha en galego.
Digo yo, teniendo una en español para que queremos una en gallego.
Para estar no mundo trosma, para estar no mundo...
que teima teñen os lusistas con insistir no seu afán de diferenciarse... Tanto escriben por aquí e despois ningún fala coma escribe e todos os que eu coñezo, algún por todos coñecido, teñen unha chea de castelanadas... Son xente sen amigos, que lles imos facer, sen lecer e nalgo teñen que pasar o tempo. Aínda que non son conscientes que nin representar ao 1% da poboación... Vaia desprezo á súa propia lingua que a queren suprimir polo portugués. Somos galegos, temos unha lingua propia que nin é castelán nin será portugués e por iso somos merecentes dunha wikipedia propia. Seméllame lamentable que alguén faga un comentario tan despreciativo cara ao galego coma o que fixo todotroll. Estou dacordo co que escribiu maruxo40.
En Galicia en galego, nin en portugués nin en castelán.
Os brasileiros tb tenhem wikipédia ???? Para mim q nom sabem estar no mundo.
Tambem há umha wikipédia em escrita tipo sms em espanhol...para os espahois q kerem tar no mundo :) cos dedos.
Para a elaboraçom da wikipédia em 'galaico' constituiram-se vários comités: um para converter ç em z, outro para converter o lh em ll, mais outro para converter o nh em ñ... Propuxera-se outro comité de refinamento nasal...e outro de ouvidos xordos.
Exemplo de conversom: Tourinho ---> Touriño ----> Torito