Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
E ti que contas?

OpenVieiros: máis dun cento de noticias enviadas por vós

Os internautas Alberte, Xosé Manuel, Neo ou Birnarem e os colectivos Abriga, Agir e Adega, son algúns dos que máis recentemente fixeron uso da nova ferramenta "Vieiros Aberto".

Redacción - 12:10 27/06/2007

En pouco máis dun mes de funcionamento o Open Vieiros recibiu xa máis dun cento de informacións, introducidas directamente polos internautas do país e que pasan a ser destacadas nunha pestana na propia portada de Vieiros.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.

Moi sinxelo
O sistema é moi simple. Antes de nada: debes ser usuario rexistrado en Vieiros, ter un "Vieiros de meu".

Para introducir a túa noticia, o primeiro paso é premer na opción "Enviar unha nova", que ves no cabeceiro. Aí entras nun editor moi sinxelo onde verás tres caixas: Título, Entradiña e Texto. Na parte de arriba de cada unha delas tes unhas ferramentas para poñer negriñas, cursivas, subliñados ou poñer links. Abaixo tamén están as correspondentes caixas a través das cales adxuntar fotografías ou documentos. En canto teñas o texto listo, preme o botón "Enviar".

Na portada do Open Vieiros verás dúas columnas. Á dereita as informacións segundo van chegando ao editor. Á esquerda, as que van pasando a portada. A redacción de Vieiros encárgase de actualizala varias veces ao día.

E agora: os debates
En probas desde a pasada noite electoral, a pé do Open Vieiros achegámosvos agora outra ferramenta. Calquera internauta rexistrado pode propoñer asuntos para a discusión. De xeito moi simple, con só premer no apartado "Iniciar debate" un formulario pídevos un título, afirmación ou pregunta, e unha breve explicación. Automaticamente, a proposta de discusión aparece visíbel para o resto de participantes.


3/5 (4 votos)


Comentarios (9)

moledo #1 27/Xuño/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que pode chegar a ser umha questom a valorar pola redacçom de Vieiros é que o open é poda converter-se na plataforma na que qualquer organizaçom, do tipo que for, envie e envie e volte a enviar juiços de valor sem qualquer fundamento jornalístico, espalhe boatos, etc. Há dias que, em realidade o openVieros isso mesmo pareze. Isto é, que se instrumentalize Vieiros para colocar todos e cada um dos seus próprios comunicados de imprensa...

bcngz #2 27/Xuño/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que son boatos? Desculpa, é que eu non falo portugués...

bcngz #3 28/Xuño/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pregunteille á miña que significaba boatos e non o sabe... Tampouco a miña avoa de 91 anos... É que sómosche de aldea e só falamos galego non eso tan xeitosiño que é coma portugués pero que ao final é como dicir que a tortilla francesa é un plató francés... raios! Estarían trabucados todos os meus profesores de galego, meu pai, miña nai, meus avós, meus veciños... xa que ningún sabe o que son os boatos???
Ben, na miña terra temos palabras curiosas coma ghichola ou coreñas. Sabes o que significan?

Fer #4 28/Xuño/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bcngz... empregares a própria ignoráncia como argumento e bem triste. Co fácil que é colher um dicionario e consultar... Em galego (essa língua conhecida polo mundo como português) boato designa umha notícia anónima que corre publicamente sem estar confirmada.Também umha vozearia ou as aclamaçons a umha pessoa, assim como ostentaçom física da riqueza. Bem do latim " boatu", grito ou alboroço.

Em qualquer outro contexto linguístico ninguem que empregaria como "argumento" o seu desconhecimento do significado dumha palavra da sua própria língua...

bcngz #5 28/Xuño/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu falo GALEGO e non portugués. Estou orgulloso de falar galego e non portugués. Por sorte, aínda que non compartas a miña opinión é a que ten a maioría da poboación. Sodes un feixe de paifocos freakes que máis de un de vós forma parte de grupos seudoterroristas que só sabedes argumentar queimando contenedores. Viva o meu ghallego!

Sido dicindo... a miña familia, galego falante de toda a vida, descoñece moitas desas palabriñas... Somos uns ignorantes de merda!!! Ala, veña, a falar todos portughés e a cantar fadiño no canto de muiñeiras carallo!

bcngz #6 28/Xuño/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah! Amigo coñecedor da historia galego-portugués. Ti sabes o que é ghichola? É que só se di en galego pero incriblemente non sae nos diccionarios. Cousas de aldea.

Fer #7 28/Xuño/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paifoco, freak, seudoterrorista, ignorantes... Nom fai nada Vieiros cos comentários insultantes?

bcngz #8 30/Xuño/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, xa que en Vieiros a xente pensa coma ti sobre freakes coma ti... jajajajaj.

bcngz #9 30/Xuño/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e dalles igual supoño...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: