Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lonxe do pacto PSdeG-BNG en Lugo

Orozco abre ciclo conseguindo o apoio do PPdeG de García Díez

Coas posicións das agrupacións locais afastadas e as direccións das formacións molestas, o primeiro pleno municipal viu a suma dos votos de PSdeG e PPdeG.

Redacción - 09:00 26/06/2007

"Cumpría botar unha man", explicou o voceiro municipal lugués do PP, Xaquín García Díez, ao respecto da posición do seu grupo este luns no primeiro pleno do novo treito de catro anos despois do 27M. A decisión dos populares foi felicitada polos socialistas, que cualificaron de "exemplo de responsabilidade" o apoio conseguido. Pola contra, desde o BNG, Xosé Anxo Laxe cualificou o acontecido como "falta de lealdade" e subliñou que as negociacións non racharon aínda e que este mesmo mércores hai unha nova xuntanza entre os dous grupos.

Mentres, este luns o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, respondíalle ás afirmacións que o día anterior fixera o coordinador da executiva do BNG, onde o nacionalista lle trasladaba aos socialistas a responsabilidade no fracaso de momento nas conversas na cidade. Na opinión de Varela, o Bloque "trata de agochar que a vontade de non chegar a un goberno de coalición está precisamente no BNG". "Se non entran no goberno é porque teñen a estratexia de non facelo", opinou.


3,75/5 (4 votos)


Comentarios (4)

xansenmedo #1 26/Xuño/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PP é tan democrático como os demais, e ó que non lle guste que marche de España.

fuco-lois #2 26/Xuño/2007 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que o PP non é tan democrático como os demais, senon que é moito máis democrático.Aos seus elementos me remito: Cacharro, M. Fraga,Baltar,Romay Becaria,...etc.

ecoe #3 26/Xuño/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E mesmo son OS MÁIS DEMOCRÁTICOS os seus siareiros, que como o de enriba, bota "fóra de España" a quenes non gostemos do PP. Por certo: bota fóra a quen queiras, pero para Galiza non nolo mandes que as sobredoses fascistoides non nos sentan ben!!

xansenmedo #4 26/Xuño/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dígame un só representante do PP que fose condeado, fuco-lois.

ecoe, huelga decir que sobran gallegos-españoles/españoles-gallegos coma ti en España-Galicia/Galicia-España nin como sociolistos como Pepiño Vázquez.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: