Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Certame de contos en Arxentina

As "Raíces Gallegas" escriben en español

Desde o pasado 17 de maio o Centro Galego de Rosario mantén aberta unha convocatoria literaria. Paradoxalmente, as bases admiten só textos en "lengua castellana".

Redacción - 13:06 12/06/2007

Trátase do Primeiro Concurso de Conto convocado pola entidade baixo a denominación "Raíces gallegas". Está aberto á participación de socios e non socios da institución, de trece anos de idade en diante, e as bases estabelecen que o tema debe ter "expresa vinculación con Galiza, no contexto das súas catro provincias: a súa natureza, as súas costas, as súas paisaxes naturais, as súas rías, a idiosincrasia do seu pobo e as vivencias que poidan atesourar os participantes, recollidas por relatos dos seus ancestros, a súa gastronomía, o seu rico mundo das letras, as súas artesanías, entre outros".

A convocatoria lanzouna o Centro Galego de Rosario coincidindo co Día das Letras o pasado 17 de maio e o prazo de presentación de traballos remata o 29 de xuño próximo. O fallo do xurado faise público o Día da Patria, o próximo 25 de xullo. E paradoxalmente, as bases inclúen no seu punto terceiro que alén de seren inéditas e non enviadas a outros concursos, as obras presentadas "deben estar escritas en lingua castelá".


3,75/5 (4 votos)


Comentarios (2)

Gaviotero #1 12/Xuño/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eh, la "Mesa Pola Falsificazón Lingüística" tiene ahí mucho tajo...Lo que pasa es que en Argentina están normalizando el castellano...¡jejeje!

Silvinho #2 12/Xuño/2007 Silvinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí en Barcelona nos certames do centro galego admítense tanto en galego, catalán como en castelán, pero con temática galega. Non sei ata que punto é bo ou malo, o certo. Hai momentos que os Centros Galegos non te identifican.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: