'Anda bancha' ou 'Lusafonía' son algunhas das entradas da hilarante Touripedia
Non entende que quere dicir o presidente da Xunta cando di 'erradical radicalmente' ou 'é a houra'? Para botar luz sobre as expresións de Emilio Pérez Touriño nace, con moito sentido de humor, a Touripedia; unha compilación de erros lingüísticos do líder socialista publicada en Troques de Concreto, o blog de Bonnot.
Polo de agora a Touripedia ten unhas corenta entradas. Un número que non para de aumentar grazas as contribucións dos internautas, que seguen a indagar nas dificultades do presidente coa lingua do país.
Un país que, segundo reflexa o blog, ten sido chamado 'Gardicia' polo mandatario autonómico.
Eu ampliaria ese dicionario aos urbanitas galego-falantes diante das cámaras da tv: é o novo GALIEGO (a medio camiño entre o galego e o gallego).
Termos q se escoitan a diario (mais aos do PSOE e PP ainda q os do BNG non se libran):
he dito, carreteira, o seksa, ezquerda, asijnar, madriz, produxo, venta, vamos a-desenrolar unárea o zoa urbán, medio ambente, eso es mellor, i mas llo tambén, municipáis, estóu, ciudadáns i cidadás, actuacións planexadas a longo plazo no hourizonte, ...
Este dicionario segue aberto a novas incorporacións segundo vaian aparecendo na tele, conselleir@s, concelleir@s e demais cus gordos aos q lle preocupa un carallo a sua lingua.
Benvidos a 'Gardicia', Comunidade Autonoma Policial
Absolutamente de acordo con Tino.
E podería engadirse moitísimo máis en canto a palbras, xiros e demais aspectos da lingua nos que non só Touriño senón moitos máis dos que cita Tino se mexan na lingua porque, como moi ben di Tino hai moitos: "conselleir@s, concelleir@s e demais cus gordos aos q lle preocupa un carallo a sua lingua". Exacto, demostran que lles preocupa un carallo a súa lingua, aínda que en realidade demostran que non a consideran realmente súa.
Touriño é dos que din TODAVÍA, cousa que case nin se di no castelán falado en Galicia; o VAMOS A xa é conxénito e arraizado en demasiada xente que vai de moi seria; AHORA en vez de AGORA, que ben saben eles que é a única forma galega; o non empregar xamais o infinitivo en forma persoal; o uso constante e único de PERO, cando en galego sempre fora MAIS; o pronunciar UNHA como se fose UNA; SARTÉN en vez de TIXOLA; RODILLA en vez de XEONLLO ou XOELLO; e moitísimas cousas máis. O presidente da Xunta resulta patético falando galego e demostrando o seu nulo interese por melloralo, mais non é el só. Os nacionalistas tamén, en moitísimos casos, cometen todas estas atrocidades lingüísticas que estamos a comentar. Si, os do BNG tamén, que hai concelleiros, alcaldes e conselleiros da Xunta, pasando tamén polo Quintana, aínda que uns máis que outros, que falan un galego verdadeiramente de vergoña allea. Eu coñezo sobre todo concelleiros do BNG que non teñen nin p.i. de falar galego nin lles importa. E non falemos xa de representantes de asociacións de viciños, sindicalistas...
A un cáeselle a alma aos pes.
A verdade é que iso é especialmente grave cando son os supostos nacionalistas os que desprezan a lingua, aínda que digan o contrario. Está moi mal que Touriño fale un galego que máis que galego é unha merda de castelán, mais está bastante peor que os que máis exemplo tiñan que dar porque o idioma está na esencia da súa ideoloxía, a xente que se di nacionalista, normalmente do Bloque, ignore por completo o galego, ademais non teña interese por aprender, faga o ridículo cada vez que fala, asuma interiormente que falar galego é falar mal, contribúan a dialectalizar a nosa lingua con respecto ao castelán, que o fagan reiteradamente e a conciencia, etc., demostrando que só buscan ocuparen cargos, cobraren bos soldos ou toman a militancia nacionalista como un simple xogo ou entretemento.
Touriño é falando galego como Gil falando castelán.
Gil foi o alcalde de "Marbiella" e Touriño naceu na "Coruñia"
Non hai que ser malos. Ao pobre Touriño se lle lingua a traba.
Buff, pois se collemos á conselleira Rubio, non chega un dicionario: fai falla toda a enciclopedia!
Eu o que non entendo é porque de repente usan tando o TER + PARTICIPIO. Temos falado, temos feito ... Onde quedou o falamos e fixemos? Pode que sexa até correcto, mais a min ponme os pelos de punta. Aínda que recoñezo que esta lingua ponse cada vez máis complicada, eu que son falante de berce, non escribo nada sen mirar o VOLGA cada dous por tres.
Arrecarallo!!! :-D Teño de comentalo na sección "Galego inventado" de "Patada al diccionario" http://patada.casdeiro.info
É bo ate o nome. Touripedia, eu é que me escarallo!!! X-D