O director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina sinalou que Galiza está nunha "situación privilexiada" para ser canteira de mestres e formadores de castelán e de linguas lusófonas.
Dado o achegamento que existe entre a nosa lingua, o castelán e mailo portugués, Molina pensa que os galegos son os mellor formados para seren profesores destas tres linguas en todo o mundo, ante a "escaseza" actual de docentes. Por isto, Molina sinalou que sería unha boa cousa que Galiza "faga notar a súa presenza no mundo lusófono".
Para isto, o director do IC avoga polo traballo na formación de docentes dende o país; profesores que poidan incorporarse canto antes á súa institución en países como Brasil, -onde fan falta uns 220.000 profesores-, Portugal ou as próximas aperturas do Instituto en Angola e Mozambique.
O director do Instituto cervantes fixo todas estas reflexión na terza, mentres asinaba un convenio marco de colaboración co reitor da Universidade da Coruña (UDC), José María Barja.
e eses postos de traballo, en que condicións????
(a pregunta ten truco....)
O sacana do César Molina anda a meter de novo a mão no milho. Assim que os galegos somos os melhores??? Assim que três línguas????? Vai pro caralho, espanhol da merda!
Nom era necessário q o dixera ele, muitos já o sabiamos, por muito q o negassen los espanholitos de bien.
Os espanhois, com poucos fonemas na sua língua, som incapazes de falar correctamente outras como o inglês ou francês onde a nassalizaçom é imprescindível.
Molinita apontando a três. Está bêbado, só há duas.