Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LOGO DE VARIAS DENUNCIAS

A Xunta investiga cinco concellos por vulnerar as leis de normalización

Recibiu queixas da actuación de Padrón, Ribeira, Cedeira, Ordes e Ourense.

Redacción - 11:34 01/06/2007

A secretaría xeral de Política Lingüística recibiu queixas de cinco concellos que supostamente incumpren a normativa sobre o idioma. Catro das denuncias, en Padrón, Cedeira, Ordes e Ourense, chegaron dende A Mesa pola Normalización Lingüística, mentres que na quinta, o caso de Ribeira, foi a propia secretaría xeral a que actuou de oficio.

Padrón e Ribeira foron motivo de reclamacións polo incumprimento da toponimia; Cedeira, por non usar o galego na súa web municipal; Ordes, por excluír a lingua nun edicto, e Ourense, por discriminación nun proceso selectivo.

Os datos facilitounos a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, respondendo unha pregunta do parlamentario do BNG Bieito Lobeira. En todos os casos, as queixas chegaron a través da internet.

López lembrou que o uso do idioma na administración local “ten carácter imperativo”. Bieito Lobeira botou en falta unha actitude política máis activa á hora de detectar os incumprimentos. Os dous representantes políticos coincidiron en amosar a súa confianza en que co novo mapa político municipal mellore o cumprimento da normativa en vigor.

Marisol López anunciou, ademais, que en decembro se constituirá o Consorcio de Planificación Lingüística, formado pola Xunta, concellos, deputacións e Fegamp, co obxectivo de coordinar os servizos municipais de normalización. Tamén lembrou o “histórico” protocolo asinado con Cataluña e Euskadi para colaborar en materia de política lingüística.


4,86/5 (7 votos)

Comentarios (3)

LOIS_DE_SILAN #1 1/Xuño/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Carácter imperativo"...só na Administración Local Marisol?
O artigo 14 CE éche de "carácter imperativo" en todo o Estado e para todas as Administracións...e particulares!
O de que NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos amais linguas alleas, nomeadamente o castelán, con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio, non che é só imperativo na Administración Local, tamén cho é na ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA e mais na estatal, e mais nas entidades de todo tipo delas dependentes...e mais para os particulares, sexan persoas físicas ou xurídicas!
Como pensas que se lles vai dar un especial respecto e protección (art. 3.3 CE) ás linguas españolas distintas do castelán?....deixando que sexan expulsadas dos seus respectivos territorios propios por unha lingua allea, tamén española,... polo castelán? Non che é cuestión de botarlles a culpa sempre ós outros...na Xunta da Galiza tamén che hai moito que rascar!

Bieito...a que esperades para sacar a Lei de USOS LINGÜÍSTICOS na Galiza, presidida pola regra antidiscriminatoria que deixo apuntada?

mil #2 2/Xuño/2007 mil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Albrícias! A Crunha já compre a Lei. Digo eu, já que nom está na mini lista de concelhos infractores.

mil #3 2/Xuño/2007 mil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seguro que nom tem nada a ver com que Losada seja compi do chefe da Marisol.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: