Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FRONTE AO SOFTWARE LIBRE

O Sergas gasta 650.000 euros en licenzas de Microsoft

O director de negocio de Igalia arremete contra a decisión de seguir usando unha tecnoloxía que sae moi cara.

M.V. - 15:53 07/03/2007
Logo Sergas

Logo Sergas

Tras a publicación do seu artigo, Vázquez explicou a Vieiros que existen alternativas libres coas mesmas funcionalidades co Microsoft Sharepoint, o programa esixido no concurso do Sergas. Estas alternativas permitiríanlle a Xunta aforrar en licencias; que son de balde nos programas abertos. Así o fan, por exemplo, varios hospitais andaluces que usan aplicacións libres desenvolvidas por Igalia. Vázquez acusa ao Goberno de "tomar unha decisión que non é sostible economicamente".

A versión do Sergas
Polo contrario, fontes de Sanidade defenden que, neste caso non existe unha alternativa "tecnicamente viable" ao produto de xestión de contidos de Microsoft. Sanidade argumenta que o cambio é imposible "por cuestións técnicas e sobre todo de necesidades de integración coa plataforma existente".

Fontes da Consellería explican que "o Sergas está moi a favor do software libre" pero neste caso as "circunstancias particulares" imposibilitan a migración. Ademais, negan que o concurso implique gastar 650.000 euros por dous anos de licencias, senón que a Xunta poderá seguir usando o Sharepoint máis tempo.

Promesas institucionais
O certo é que o acordo de goberno que asinaron PSdG e BNG prevé un "pulo do software libre, en colaboración coas universidades". A pesar de que está aposta foi reafirmada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, neste caso o Sergas preferiu prolongar a súa aposta por Microsoft.

O obxectivo do concurso público obxecto da polémica é adquirir licencias para o portal do Sergas e a súa intranet. En 1999 a Consellería de Sanidade comezou a usar programas de Microsoft para estas funcións. A renovación desta decisión, segundo Igalia, prexudica o desenvolvemento dunha industria galega do software.


Ligazóns

4,29/5 (7 votos)


Comentarios (7)

henriquetata #1 8/Marzo/2007 henriquetata
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Igalia debería queixarse tamén porque a Xunta lles organice concursos públicos a medida. (http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,90/Itemid,87/)

Nas condicións administrativas pouco mais piden que só concorran empresas que comecen por "I", acaben por "alia", se dediquen ao software e sexan da Coruña. Igalia métese ao peto 210.000 € por un portal con CMS que o fai o mais parvo, e que traballaron antes de saír o concurso no DOGA, práctica considerada normal.

Se estas son as alternativas ás licenzas, vamos de carallo.

Software libre si, e transparencia nos concursos públicos tamén, xa valeu de chanchullos.

sampedo #2 8/Marzo/2007 sampedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Propoño facer un blog que recolla todos os concursos q saian no DOG. E que os usuarios poidan botar q empresa vai gañar o concurso. Os q máis acerten gañan puntos. Ao final de ano, os q teñan máis puntos gañan unha praza na Deputación de Lugo.

outrolector #3 8/Marzo/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que o asunto de Microsoft é rechamante por estarmos na plena moda do sw libre, pero o que o goberno galego ten embaixo é unha importante morea de ineficacias, inxustizas e caos;
Eses responsables "informáticos" (no Sergas e noutras vilas -CIXTEC, Presidencia, Educación- e aldeas - Agricultura, M. Ambiente, COTOP) non o son tanto, agás de ter un bó soldo so por obedecer ordes e aparecer no DOG na contratación pública, e por suposto de ter accedido aos postos como accederon (moitos deles pura mediocridade e de incapacidade contrastada), sen que fosen aplicados os criterios que marca a lei para o acceso á función pública.
Se buscades aos verdadeiros responsables (desa inxustiza, do caos (*) e da irregularidade da informática no goberno galego) apuntade máis arriba, tanto na Xunta (P, VP, Conselleiros, Secretarios Xerais) como nas cúpulas dos partidos políticos, uns máis descaradamente que outros, pero seguramente todos eles. Que todo cambie para que nada cambie.

PERO considerade que as campañas electorais non se fan gratis. ¡A lamentablemente efectiva propaganda neste país! Considerade que as campañas electorais non se fan gratis. ¡A lamentablemente efectiva propaganda neste país! Eses, os altos cargos políticos e os altos comités dos partidos son, na miña opinión, os responsables de non intentar cambiar o sistema - que non sendo doado tampouco é tan dificil - facendo valer o poder que lles outorga o pobo nas elecións; no fondo é un problena de cobardía, de falta de confianza neles mesmos e no país. Non se dan conta de que se fixesen ben o seu labor íamos sair todos gañando ¡Tamén as empresas (galegas e estatais...)!

(*)Raquítica e descoordinada escala de informática da Xunta, laborais !temporais! que se xubilaran como tales ou pasados a laborais fixos via empurrón, directores e xefes de informática floreros, cesións ilegais de traballadores abondas (ver fallos xudiciais), asistencias técnicas para formar/foguear a recén titulados e sacar despois aos mellores da Xunta...unha auténtica vergoña. A ver se escriben algunha opinión a DX de Función Pública ou a DX de "Calidade e Avaliación das Políticas Públicas" (para morrer de risa ou de pena o nome, nonsí?)

andresmilleiro #4 8/Marzo/2007 andresmilleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Software Libre non é moda, o Software Libre debería ser aposta desta Xunta...se xa hai certo rumor dos concursos e de pouco cambio se xa non apostamos polo Software Libre...agardemos a esta XGN e veremos se hai algún cambio, por ver algo.

javivazquez #5 8/Marzo/2007 javivazquez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

henriquetata,

en xeral, non respondería a comentarios anónimos, porque entendo que se alguén di algo tan grave debería respaldalo, alo menos, co seu nome e identidade. En calquera caso, non queremos dar pé a que ninguén poida pensar que "o que cala otorga".

Falando do concurso público que Igalia gañou en decembro para desenvolvar o Portal de Promoción do Comercio Exterior da Consellería de Industria, o que comentas é simplemente falso.

En primeiro lugar, non puidemos "traballar" o concurso a priori, porque nos enteramos do mesmo a través do resumo de licitacións públicas TIC que recibimos diariamente. Falo en primeira persoa porque eu mesmo o reviso.

En segundo lugar, as características tecnolóxicas que pedían na oferta non limitaban os posibles gañadores a unha "empresa de software da Coruña". Máis de media ducía de empresas TIC se presentou ó concurso. Se fora para nós tan claramente como dis, asegúroche que non terían perdido o seu tempo en preparala proposta.

De feito, houbo un concurso para outro portal coas mesmas características técnicas, licitado pola mesma Consellería de Industria o verán pasado, o portal das PEMEs, e o gañou outra empresa que tamén empeza por "i" (Idom), por certo competindo tamén co CMS de Software Libre Typo3.

Por último, non o levamos por 210,000 €, senón por 189,000 € (IVE incluido), colaborando con outras dúas empresas non adicadas ó software, como calquera pode comprobar na nosa web.

Cando fundamos Igalia, non o fixemos para "chanchullar", senón para ter unha opción de desenrolo profesional traballando con Software Libre dende Galicia para o mundo.

A nosa facturación ou negocio non depende da Xunta, nin temos a capacidade nin o interese en que fagan concursos a medida para nós. Se o tiveramos, non criticaríamos publicamente ó SERGAS por malgastar os cartos dos nosos impostos.

Por certo, ¿que pensas dos 650,000 € que vai gastar o SERGAS en licenzas? ¿Ti tamén cres que non hai alternativas mellores tanto no técnico como no económico?

un saúdo,
javivázquez

anton #6 10/Marzo/2007 anton
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se por recurrir? moitas entidades deberían recurrir por dignidade

xavi_r #7 14/Marzo/2007 xavi_r
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A henriquetata: mira, telo moi facil, estudia enxeñeria informatica (5 cursos + proxecto) 7 anos polo menos se vas bastante ben. Olvidate de sair e de festas por unha temporada e a meter horas como un animal. Despois montas unha empresa de linux ou de que che de a gana (mais horas coma un animal), e logo podes sair a concurso coa túa empresa. Que che parece?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete