Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


08:04 26/03/2007

Está garantida a limpeza do voto emigrante?

As liortas polo sufraxio da diáspora xa volveron á primeira liña da batalla política. A apenas dous meses dos comicios locais, os alcaldes galegos fan as maletas para viaxar a países coma Arxentina, Uruguai ou Suíza. Os milleiros de votos que chegan da emigración poden servir para amarrar moitas alcaldías. A transparencia deste proceso volve suscitar graves dúbidas e hai quen pensa que hai escasa vontade política á hora de arranxar o problema

Comentarios (20)

xansenmedo #1 26/Marzo/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O goberno progresista de Pepiño Blanco non vai facer chamullos ... ¡no que va!

pordaralata #2 26/Marzo/2007 pordaralata
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se tiveran vontade si que se podía garantir a limpeza, pero eu vou máis alá ¿por que poden votar os que están en Caracas e demais e non os que están en Barcelona, Bilbo...? Na miña opinión non debería votar ningún deles, só os que están residindo no concello e punto, xa que a estes é a quen de xeito inmediato interesa un bo goberno municipal e só eles son os que coñecen ben aos candidatos...

arale #3 26/Marzo/2007 arale
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Onde pon "Si xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:" debe poñer "SE xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:", anda que...

galicecos #4 26/Marzo/2007 galicecos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Políticamente están involucrados co pais onde residen, que é quen lles dá de comer. Entendo que, como galegos, lles poida interesar a situación actual de Galiza, pero non ao punto de decidir co seu voto un governo galego e moito menos os fillos e os netos que naceron na diáspora, de seguro, como é natural, non se sintan galegos. Meu fillo está na capital de España e non pode facelo por non estar aquí empadroado. Isto sí que non está ben. É unha incongruencia.

josecomesanha #5 27/Marzo/2007 josecomesanha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nin garantindo o voto! Xente que leva décadas fora ou "galegos" nados noutras terras e que non coñecen a realidade galega non deben ter dereito ao voto.

kas84 #6 27/Marzo/2007 kas84
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Suscribo o dito por #5 e #4, é unha incongruencia total que non podas votar vivindo en calquera pais europeo, mentres que se vives en arxentina, uruguai ou algún que outro país de américa si o podas facer.

Pasaron xa case dous anos das eleccións autonómicas e seguimos a ser unha república bananeira, espero que isto cambie pronto.

Roquinho #7 28/Marzo/2007 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está craro que hai forzas políticas as que non lle interesa a limpeza dos votos da emigración xa que poden utiliza-los para os seus fins. O voto emigrante se ten que facerse debería ser nas mesmas condicións co dos votantes en Galiza, a pé de urna e coas mesmas garantias. Ademais se son emigrantes con nacionalidade no seu pais de residencia non é xusto que tamén poidan votar en dous lugares o mesmo tempo, e so deberían votar cando volvesen a vivir aqui, os galegos residentes en calqueira zoa de España non poden votar nada mais que onde están censados, ainda que teñan intereses en mais dun lugar. O que si debería facilitarse e o voto dos mariñeiros que no día da votación non poden facelo.

nelbrandam #8 29/Marzo/2007 nelbrandam
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver señores de Vieiros, ó que se ocurreu facer a pregunta:
Está garantida a limpeza do voto en Frades, en Amoeiro, en Vila de Cruces, en Antas de Ulla,...? Por decir algo, ou xa esquencemos prácticas de carrexar votos, entre outras.
Por que usar a "limpeza" para cuestinar o voto emigrante?
Estades seguros da "limpeza" do voto na Terra?
Sabedes quen son os que tentan embarrar a "limpeza" do voto emigrante? Pois os mesmos, os mesmimos que a embarran na Terra.
Verdadeiramente lamentable que en Vieiros a alguen se lle ocurra plantexar semellante pregunta, vergonzoso, ferinte para emigración, denigrante, as descalificacións da emigración, aínda que camufladas en preguntas semellantes, non son mais que a demostración dos prexuizos e iñorancia que asolaga a quen as plantea.
Agardamos que algen con cabeciña poña remedio, e corrixa tal disparate.
A ver se vai ser que en lugar de "vieiros" (por certo este nome non ven tomado dun revista da emigración, en México?)señan uns carreiriños de leira, da leira de 40 mil ferrados, ubidaca no noroeste da peninsula que algunhos pensan que é Galiza. Coitadiños.

nelbrandam #9 30/Marzo/2007 nelbrandam
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Levan o alcalde da Arnoia ao xulgado por certificar obras inexistentes. (Vieiros,30,03,07).
Clarisimo exemplo dos habitantes da Terra (ou será leira) que se preocupan polo que pasa, eles, os que votan por eles, e os que os consinten, e non eses emigrantes, son os que deben votar. Seguro que ninguen dubida da limpeza da votación en Arnoia. Seguro que non hai alienación, intereses vendidos e mezquinos, por unha leiriña, por un carguiño, que sei eu cantas miserias máis, que se non se fai asi para ir "tirando" igual hai que marchar da Terra e convertirse nun "emigrante".

A2b2 #10 31/Marzo/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unhas persoas que viven a miles de quilómetros de Galiza é que a súa relación con ela é so sentimental, ¿deben ter dereito ao voto?, pois para min a resposta é NON. Entre outras cousas porque a Galiza non lle aportan nada e nin lle afecta, a non ser que sexa para vir facer as "américas" e para aproveitarse dos subsidios e das pensións NON contributivas que nos pagamos.

Barcelos #11 31/Marzo/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu coido que tampouco teñen que ter dereito o voto. Nembargantes os inmigrantes que viven aquí é poden demostralo, non sei con canto tempo de residencia, pogámoslle catro anos, tempo entre cada elección, eses sí deben ter dereito o voto, xa que o que pase aquí ¡carallo! si se lles afecta. ¡E coidadiño cos maniáticos da lingua! que por lo que vexo xa andar a correxir a todo dios (¿Debería decir deus?)

OBSERVADOR #12 1/Abril/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu escaralho-me com estes de Vieiros. Devem pensar que somos parvos.

OBSERVADOR #13 5/Abril/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Contradigo-me: não pensam, deixam que outros pensem por eles e assim lhes vai.

Barcelos #14 7/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto é un foro? E que fai a xente fora do foro?

A2b2 #15 7/Abril/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

.. a xente que está fora do foro, .... vai mexar! (jejejejej)

Tarelo #16 27/Xuño/2007 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparto aliña xeral do asunto. Os emigrantes non deben votar, nas municipais a non ser que estén empadroados eiquí e non alá. Deben votar nas pmunicipais os inmigrantes residentes ou empadroados nos nosos concellos, sexan da nacionalidade que sexan.

Jatopardo #17 20/Agosto/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdadeira limpeza no voto darase cando o alcalde da miña vila non o elixa alguén desde Bos Aires ou Montevideo. Xa está ben de adulterar a democracia.

Manel #18 21/Agosto/2007 Manel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA

4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.

Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.

Xose_dos_Cordeiros #19 17/Novembro/2007 Xose_dos_Cordeiros
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A limpeza do voto Emigrante e "Do Lugar", darase do mesmo modo. Deixa de xuntar cartos nas vilas e no exterior de Galiza.
Eu son fillo de emigrantes galegos, son nado no seu exilio, son "Español" segundo meus papeis, mais non teño dereito ao voto?
Son nado na Arxentina, o único e derradeiro contacto co a terra, é O VOTO, sin éle os emigrantes non son Españois. Nin Galegos nin persoas.

Cantos cartos deixaron nas súas Vilas, e cantos deberan deizar pra que vostedes os recoñescan como GALEGOS?

Eu teño uhn amigo que non atopo por moitos anos, se fai chamar LUPIN, si vostedes o atopan, deixo eiqui o meu saúdo e una moi forte aperta.

Xosé O. Piñeiro
Fillo de Galegos
Nado na Arxentina
Pero mais galego que moitos nados na terra nai.
¡VIVA GALIZA, SEUS MIGRANTES E SEUS FILLOS NADOS FORA DA TERRA!

xavexo #20 26/Decembro/2007 xavexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu como emgigrante que son dende faz 25 anos a verda e que so recibin os papeles pra votar unha ves a tempo e era co PP do resto a maior parte das veces nen mo mandan.

O do lavado dos votos emigrantes e moi posivel xa que esta controlado polo goberno de turno mais iso non fara moita importancia xa que non somos moitos emgrados hoxe en dia.

Deica logo

Anxo Otero
Halliburton Corporation
Singapore

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:






Locais:
GZ-Sete