Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


EuropaPress


Un home resulta ferido ao envorcar o tractor no que circulaba e quedar atrapado debaixo no Irixo (Ourense)

18:58 24/07/2008

OURENSE, 24 (EUROPA PRESS)

Un home resultou hoxe ferido tras envorcar o seu tractor e quedar atrapado debaixo do vehículo na estrada OU-0416 ao seu paso polo termo municipal do Irixo.

O accidente sucedeu sobre as 17.30 horas na poboación de Parada, na parroquia de Parada de Labiote, na estrada do Irixo, onde unha persoa quedou atrapada debaixo dun tractor, segundo informou a Europa Press o 112.

Emerxencias 112, mobilizou a Protección Civil e ao helicóptero medicalizado para evacuar a un centro hospitalario a persoa ferida. Ao lugar tamén acudiron efectivos do Grumir do Carballiño cun equipo de excarceración.

Non obstante, requiriron unha grúa con pluma debido a que o vehículo sinistrado era un tractor de grandes dimensións e de alta tonelaxe.