Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
09:30 08/11/2008 Antonio Reigosa, escritor

“A literatura oral hai que sentila, escoitala, contala, compartila e gozar dela”

Unha ollada ás angueiras que Antonio Reigosa leva acometido como creador de historias, etnógrafo e estudoso da literatura popular. Entrevista no Canal Irimia.


O TRASNO

O neto de Sarah

Teño que confesar que eu era dos que estaba convencido que ao final, visto o que pasou nas anteriores, sairía McCain, o republicano. Pero saíu o negro, o demócrata.

Fálase dunha nova era e iso ponme en garda. Non creo que o cambio do líder no imperio marque unha nova era. Tampouco quero que os cambios de era se fagan de arriba a abaixo, por máis que, neste caso, o trunfo de Barack Obama teña moito de rebelión da xente común, dos normalmente excluídos, das minorías, da sensatez antibelicista, dos derrotados da era do superheroe Bush, rei do petróleo e da tortura. 

Actualidade

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! foi o lema que enmarcou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Era o primeiro Encontro Internacional que se desenvolvía en Europa e celebrouse nada menos que en Galiza entre os días 14 e 21 de outubro coa participación de 150 delegadas chegadas dos cinco continentes.


UTOPIA

Dez Consellos para os Militantes da Esquerda

En época de crise financeira, cando moitos facemos preguntas como: u-la voz da esquerda? Non hai outro punto de vista? Refundar o capitalismo ou cambialo dunha vez?....vénnos ben reflexionar autocriticamente con Frei Betto sobre que é ser de esquerda, sobre como mantermos a tensión utópica e sobre como ser cristián de esquerda, sen deixar de preguntármonos,... pero pódese realmente ser cristián doutra maneira?

As furtadelas

Parabéns a quen naceu dando vida

Parabéns aos proxenitores de Javier, primeiro meniño nacido no estado español por solidariedade xenética, parabéns ao seu irmán e a el, que naceu dando e para dar vida. Parabéns desde a Bioética e desde a Teoloxía Moral Católica.


(Artigo traducido de Relixión Dixital)


Entrevista

Conversa con Geraldina Céspedes

“NON SE PODE FACER TEOLOXÍA Á MARXE DA VIDA”

 Naceu na República Dominicana, é relixiosa dominica misioneira do Rosario. Traballou en Guatemala. Licenciouse en teoloxía e realizou estudos de doutoramento na Universidade de Comillas.

Foi entrevistada por J.A. Martínez.

O Trasno

Fantasmas locais

Esquerda Unida, que agora se cabrea co alcalde de Ferrol porque este cobra moito, concretamente 73.000 euros ao ano, cousa que non lle parecía tan mal hai un pouco, acaba de poñer outra vez sobre a mesa a cuestión dos soldos dos altos cargos e, sobre todo, dos altos cargos dos concellos.




A semana en palabras





Locais:
GZ-Sete